fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

2013 Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga

En decembro de 2010, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas declarou 2013 como o Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga. Ademais, o Día Mundial da Auga, 22 de marzo de 2013, estará dedicado á cooperación na esfera da auga.

"A auga é un elemento clave cuxa importancia nunca será sobreestimada. A auga aparece como denominador común entre os retos mundiais máis importantes do noso tempo, como a enerxía, os alimentos, a saúde, a paz e a seguridade. A xestión da auga pode reducir o risco de desastres como a seca ou as inundacións. Coas concas fluviais transfronteirizas e os sistemas acuíferos representado case a metade da superficie da Terra, a cooperación arredor da auga revélase vital para a paz."

Irina Bokova, directora xeral da UNESCO.

 

"O Mundo ten sede porque temos fame"

2013 Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga

Hoxe en día hai 7.000 millóns de persoas que alimentar no planeta e prevese que haberá outros 2.000 millóns para o ano 2050. As estatísticas indican que todas as persoas beben de 2 a 4 litros de auga a diario, non obstante, a maior parte da auga que 'bebemos' está incorporada nos alimentos que consumimos, por exemplo, producir 1 quilo de carne de vacún, consume 15.000 litros de auga, e 1 quilo de trigo 'bébese' 1.500 litros.

Mil millóns de persoas no mundo xa viven en condicións de fame crónica e as presións que sofren os recursos hídricos son moi fortes. Afrontar o crecemento da poboación e garantir o acceso a alimentos nutritivos para todos, leva consigo unha serie de medidas ás que todos podemos contribuír co seguinte:

  • Consumir produtos que fagan un uso menos intensivo de auga
  • Reducir o escandaloso desperdicio de alimentos, nunca se consume o 30% dos alimentos producidos en todo o mundo e a auga utilizada para producilos pérdese definitivamente
  • Producir máis alimentos, de mellor calidade, con menos auga
  • Levar unha alimentación saudable

En todas as etapas da cadea de subministración, dende os produtores ata os consumidores, é posible tomar medidas para aforrar auga e asegurar que haxa alimentos para todos.

¿E vostede? ¿Sabe canta auga consome realmente todos os días? ¿Como pode modificar a súa alimentación e reducir o seu impacto hídrico?


2013 Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga

¿EN QUE CONSISTE O 2013 ANO INTERNACIONAL DA COOPERACIÓN NA ESFERA DA AUGA?

"Un dos principais obxectivos do Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga, declarado por Nacións Unidas en 2013, é detallar, analizar e alcanzar un entendemento común sobre a esencia da 'cooperación na esfera da auga'. A cooperación en materia de auga refírese á xestión e o uso pacífico dos recursos hídricos entre varios actores e sector dende diferentes niveis. Na práctica, isto consta de actuar xuntos cara a un obxectivo común para obter mutuos beneficios."

Hans d'Orville, director xeral adxunto para a oficina de Planificación Estratéxica da UNESCO

 

A cooperación na esfera da auga ten múltiples dimensións incluíndo a cultural, educacional, científica, relixiosa, ética, social, política, legal, institucional e económica. Un enfoque multidisciplinar sobre este tema é, polo tanto, esencial para comprender as moitas facetas que o compoñen e poder ter un visión xeral.

O obxectivo do ano internacional da Cooperación na Esfera da Auga e o día mundial da auga, é crear conciencia do moito que queda por mellorar na cooperación na esfera da auga, pero tamén dos desafíos a que se enfronta a xestión da auga e a súa asignación, pola crecente demanda de auga para satisfacer múltiples necesidades.

O Día Mundial da Auga celébrase dende 1993, o 22 de marzo, e pon de relevo un aspecto específico sobre a auga doce cada ano.

 

"A escaseza de auga contribúe ás condicións de extrema pobreza, provocando privacións sociais e impedindo o desenvolvemento"


ESTOU INTERESADO... ¿COMO PODO PARTICIPAR?

Informándome acerca das cuestións relacionadas coa auga

Organizando e contando como vas celebrar o Ano da Cooperación na Esfera da Auga en 2013. Toda acción suma, por pequena que esta sexa.

Uníndome ao movemento e convidando os meus amigos. Compartindo.

Participando a nivel local, uníndose ás ONG e ofrecéndose como voluntario nas accións relacionadas coa celebración do Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga. O uso racional da auga comeza por min.

Portal clásico
POLÍTICA DE COOKIES
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016