fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

AMBIENTE EMAS

Fraternidad-Muprespa estendeu o seu Sistema de Xestión Ambiental -implantado de acordo á norma ISO 14001-, para cumprir co Regulamento EMAS (Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambiental) da Unión Europea. EMAS (Regulamento CE núm. 1221/2009) é a certificación máis prestixiosa da Unión Europea e a máis esixente en xestión ambiental a nivel mundial.

Fraternidad-Muprespa consegue ser un referente en xestión ambiental no ámbito das Mutuas en España, xa que posúe tanto o certificado ISO 14001 (dende o ano 2005) coma o certificado EMAS (dende o 2011).

Esta certificación reflicte o compromiso da Dirección coa xestión ambiental, facéndoa máis transparente e fomentando a participación de todos os empregados. Proba deste exercicio de transparencia é a publicación da Declaración ambiental do Edificio Sienna de Alcobendas, que constitúe o ámbito da certificación.

A inscrición no Rexistro de Organizacións Adheridas ao Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambiental (Rexistro EMAS) foi renovada na Resolución do 24 de xuño de 2014 pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Comunidade de Madrid.

Para visualizar o certificado EMAS prema sobre esta imaxe.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016