fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

ASISTENCIA SANITARIA POR CONTINXENCIA PROFESIONAL NO ESTRANXEIRO

Ao abeiro do que a Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social indica:

"No ámbito dos estados pertencentes á Unión Europea, ao Espazo Económico Europeo, Suíza e no daqueles cos que existen acordos bilaterais nos que estea prevista a cobertura das prestacións sanitarias, non poderán contraerse obrigas con cargo ao presuposto da Seguridade Social que respondan a prestacións sanitarias que sexan coincidentes coas que se derivan da aplicación do previsto nos Regulamentos (CEE) 1408/71 e 574/72, do Consello nin con aquelas que se sirvan en aplicación dos citados acordos bilaterais. Nos casos de asistencia sanitaria urxente, inmediata e de carácter vital estarase no previsto no Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro. "

no caso de producirse un accidente (ou continxencia) profesional no estranxeiro asimilarase a asistencia sanitaria no estranxeiro á que se reciba nese mesmo ámbito por calquera outra continxencia na condición de cidadán de España.

¿Que servizos inclúe a asistencia sanitaria da Mutua aos traballadores desprazados ao estranxeiro?

nota

Servizos... A asistencia sanitaria que a Mutua ofrece aos seus traballadores protexidos en caso de desprazamento ao estranxeiro inclúe:

 

 

  • Orientación telefónica, no número habilitado para o efecto,
    900 269 269 o (+34) 913 896 398 (Máis información))

  • Asistencia de urxencia e continuación desta, cos medios e extensión, que correspondan en función da normativa aplicable e convenios existentes.
  • Pagamento do transporte sanitario que poida requirirse pola Mutua para a continuación do tratamento en territorio nacional.

¿Que requisitos hai que cumprir para acceder a este tipo de asistencia?

nota

Requisitos... A cobertura pola Mutua dos gastos de asistencia sanitaria no estranxeiro queda supeditada aos mesmos requisitos e nos mesmos termos que en territorio nacional en canto á relación de aseguramento, manifestación pola empresa da relación laboral da lesión e aceptación desta pola Mutua.

 

 

Ademais, a aceptación quedará condicionada a que a empresa e o traballador cumprisen os requisitos en cada caso necesarios e solicitasen a asistencia nos establecementos amparados pola normativa ou convenios en vigor.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016