fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

AUGA PARA TODOS

En decembro de 2010, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas designou 2012 como o Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga
2013 Ano Internacional de laCooperación na esfera da auga

Cooperación en materia de auga

A principal tarefa á que se enfronta a comunidade internacional no campo dos recursos hídricos é a transformación das obrigas contraídas en feitos concretos sobre o terreo, imprescindibles para o beneficio das persoas, os ecosistemas e a biosfera no seu conxunto.

Promover as oportunidades de cooperación en xestión da auga entre todas as partes implicadas e mellorar a comprensión dos retos e os beneficios desta cooperación contribúen ao respecto mutuo, a comprensión e a confianza entre os países e promove a paz, a seguridade e un crecemento económico sostible.

 

Os beneficios da cooperación en materia de auga

2013 Ano Internacional de laCooperación na esfera da auga

A historia demostrou a miúdo que a propia natureza da auga como fonte de vida é un poderoso incentivo para a cooperación e o diálogo, xuntando as diferentes partes implicadas mesmo cos puntos de vista máis diverxentes. Cada vez con máis frecuencia, a auga une, e non divide, ás persoas e ás sociedades.

"A auga é un elemento clave cuxa importancia nunca será sobreestimada"

Os beneficios da cooperación inclúen os custos evitados pola redución das tensións e os enfrontamentos cos territorios veciños. As tensas relacións interestatais ligadas á xestión da auga poden chegar a inhibir a cooperación rexional noutros ámbitos como o comercio, o trasporte, as telecomunicacións e os mercados laborais. Exemplos claros son os casos das concas do Éufrates, o Indo ou o Xordán.

A cooperación a nivel de conca pode promover técnicas eficientes para o almacenamento e a distribución da auga, incrementando a superficie de irrigación.

 

Cooperación para o desenvolvemento e a sostibilidade ambiental

2013 Ano Internacional da Cooperación na esfera da auga

A auga é crucial para un desenvolvemento sostible; a auga ten un valor social, económico e ambiental e necesita ser xestionada dentro dun robusto marco socio-económico e ambiental que sexa integral. Tanto río arriba coma corrente abaixo, as correspondentes partes implicadas terán que involucrarse nas decisións de xestión da auga. É imposible manter a integridade dun ecosistema equilibrado sen unha estratexia global para a xestión dos recursos hídricos. Todos nós compartimos a responsabilidade de protexer os ámbitos comúns que rodean aos ríos e as masas de auga asociadas a eles.

A auga contribúe a paliar a pobreza de moitas maneiras, por exemplo, a través dos servizos de saneamento, abastecemento de auga, etc. Unha cantidade e unha calidade apropiadas de auga melloran a saúde e, aplicadas no momento xusto, contribúen a aumentar a produtividade da terra, da man de obra e doutros activos. Estes obxectivos son alcanzables e custarían moito menos que subministrar a asistencia sanitaria necesaria para tratar as persoas afectadas de enfermidades que se poder previr causadas polas malas condicións de auga e saneamento. Cada goberno debería facilitar un marco lexislativo sólido e unha estrutura de funcionamento para manexar o uso dos seus recursos hídricos.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016