fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

CAIXAS DE PRIMEIROS AUXILIOS

En cumprimento da acción protectora do sistema de Seguridade Social en relación ás disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo (Orde TAS/2947/2007), Fraternidade-Muprespa subministra ás súas empresas mutualistas caixas de primeiros auxilios con material de primeiros auxilios en caso de accidente traballo.

A Orde que fixa a subministración de caixas de primeiros auxilios sinala que:

  • Os lugares de traballo dispoñerán de material para primeiros auxilios en caso de accidente, que deberá ser adecuado, en canto á súa cantidade e características, ao número de traballadores, aos riscos a que estean expostos e ás facilidades de acceso ao centro de asistencia médica máis próximo. O material de primeiros auxilios deberá adaptarse ás atribucións profesionais do persoal habilitado para a súa prestación.
  • A situación ou distribución do material no lugar de traballo e as facilidades para acceder a este e para, no seu caso, desprazalo ao lugar do accidente, deberán garantir que a prestación dos primeiros auxilios poida realizarse coa rapidez que requira o tipo de dano previsible.

  • Todo lugar de traballo deberá dispoñer, como mínimo, dunha caixa de primeiros auxilios portátil que conteña desinfectantes e antisépticos autorizados, gasas estériles, algodón hidrófilo, venda, esparadrapo, apósitos adhesivos, tesoiras, pinzas e luvas desbotables.
  • O material de primeiros auxilios revisarase periodicamente e irase repoñendo tan pronto como caduque ou sexa utilizado.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016