fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

CHÁRTER DA DIVERSIDADE

O Chárter da Diversidade é un código de compromiso que asinan con carácter voluntario e gratuíto as empresas e institucións dun país, comprometéndose a estender a súa mensaxe a toda a súa organización.

O 2 de xuño de 2011, en Fraternidad-Muprespa adherímonos ao Chárter da Diversidade en España co compromiso de rexernos polos seus principios.

En Fraternidad-Muprespa asumimos os seguintes compromisos:

  • Sensibilizar: Os principios de igualdade de oportunidades e respecto á diversidade. Deberán ser incluídos nos valores da Mutua co fin de difundilos entre os traballadores
  • Avanzar na construción dun equipo de persoal diverso: En Fraternidad-Muprespa fomentaremos a integración de persoas con diferentes perfís
  • Promover a inclusión: a integración deberá ser efectiva, evitando a discriminación
  • Considerar a diversidade en todas as políticas de dirección das persoas: a xestión da diversidade non debe ser un labor de Recursos Humanos máis, senón un factor transversal, que se encontre na base de todas as decisións que se tomen neste ámbito
  • Promover a conciliación a través dun equilibrio nos tempos de traballo, familia e ocio: En Fraternidad-Muprespa estableceremos mecanismos que permitan a harmonización da vida laboral coa vida persoal de todos os traballadores
  • Recoñecer a diversidade dos clientes: Na Mutua faremos o posible por coñecer o perfil dos clientes, recoñecendo que a súa diversidade tamén é unha fonte de innovación e desenvolvemento
  • Estender e comunicar o compromiso cara aos empregados: O compromiso que a Mutua adquire ao ser signataria do Chárter da Diversidade debe ser compartido transversalmente por Fraternidad-Muprespa
  • Estender e comunicar o compromiso ás empresas provedoras: Invitándoas a unirse á comunidade de empresas que en España estamos adheridas ao Chárter
  • Estender e comunicar este compromiso a administracións, organizacións empresariais, sindicatos e demais axentes sociais
  • Reflectir as actividades de apoio á non-discriminación, así como os resultados que se van obtendo da posta en práctica das políticas de diversidade, na nosa memoria anual

Descarga

Sinatura Fraternidad-Muprespa Mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social.
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016