fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

COMO SE DEBE TRAMITAR A PRESTACIÓN POR COIDADO A MENORES ENFERMOS DE GRAVIDADE?

IMPORTANTE

A solicitude da prestación económica por coidado de menor afectado por cancro ou outra enfermidade grave pódea solicitar, sempre que cumpra os requisitos, tendo reducido ou non a súa xornada laboral.

Dende Fraternidad-Muprespa recomendámoslle que a solicitude da prestación se realice sempre que sexa posible, previamente a reducir a xornada de traballo para evitar posibles situacións de desprotección do solicitante. Se reduce a xornada de traballo e finalmente non reúne os requisitos para acceder á prestación, perdería o salario correspondente á redución da xornada de traballo que se lle practicase na súa Empresa e non tería dereito a ningunha prestación económica por parte da Seguridade Social.

nota

Nota: esta prestación está incluída dentro da acción protectora do Sistema da Seguridade Social dende 01-01-2011, non sendo aplicable aos funcionarios públicos, que se rexerán polo establecido no art.41.e) da Lei 7/2007 do 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público e normativa que o desenvolva.

TRAMITACIÓN

1. SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN

O procedemento para o recoñecemento da prestación por coidado de fillos con cancro ou outra enfermidade grave, iniciarase mediante solicitude da persoa traballadora, dirixida á Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais.

Para iso deberá achegar a seguinte información:

Libro de familia ou certificación da inscrición do fillo ou fillos no Rexistro Civil.

  • Se o seu fillo é adoptado, resolución xudicial pola que se constituíse a adopción.
  • Se o seu fillo está en réxime de acollemento, resolución xudicial ou administrativa pola que se concedese o acollemento familiar.

INFORMACIÓN ADICIONAL SOBRE EL SOLICITANTE


  Se é traballador por conta allea

IRPF-Comunicacion de datos (Por criterio de la agencia tributaria, esta prestación está exenta del I.R.P.F)

Descarga

  Se é traballador por conta allea

FED-0089 Certificado de empresa do solicitante.

Descarga

INFORMACIÓN ADICIONAL SOBRE O OUTRO PROXENITOR (AGÁS EN FAMILIAS MONOPARENTAIS)

  Se é traballador por conta allea

FED-0091 Certificado de empresa [outro proxenitor ]

Descarga
subir

2. RESOLUCIÓN DA MUTUA

    2.1. Solicitude presentada, sen reducir a xornada de traballo, por coidado de menor afectado de cancro ou outra enfermidade grave.

    Examinada a documentación achegada, a Mutua expedirá un certificado indicando ao solicitante se cumpre ou non as condicións para acceder á prestación.

    En caso de emitirse un certificado favorable, deberá solicitar a redución de xornada acordada.

    Unha vez efectuada a devandita redución comunicarase á Mutua, para que esta emita a correspondente resolución recoñecendo o dereito á prestación económica.

    2.2. Solicitude presentada, despois de reducir a xornada de traballo, por coidado de menor afectado de cancro ou outra enfermidade grave.

    Examinada a documentación achegada, a Mutua emitirá resolución recoñecendo ou denegando o dereito á prestación económica.

subir

3. ABOAMENTO DA PRESTACIÓN RECOÑECIDA

Recoñecida a prestación económica, o pagamento desta efectuarase mensualmente, mentres non se produza ningunha das causas legais de extinción desta e se acredite o mantemento das condicións mediante a documentación requirida para o efecto.

O período inicial de recoñecemento será dun mes, prorrogable a períodos de dous meses cando subsista a necesidade do coidado do menor, debendo acreditarse mediante declaración do facultativo do Servizo Público de Saúde (SPS) ou órgano da Comunidade Autónoma correspondente responsable da asistencia médica do menor.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016