fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

CONSULTORIO DE TARIFAS

Fraternidad-Muprespa pon ao servizo dos seus asociados un consultorio destinado a resolver as dúbidas que puidesen xurdir en relación coa aplicación da nova tarifa de primas para a cotización por accidentes de traballo e enfermidades profesionais establecida na disposición adicional cuarta da Lei 42/2006, do 28 de decembro, de entrada en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2007, modificada a partir do 1 de xaneiro 2.010, pola disposición final oitava da Lei 26/2009, do 23 de decembro, de presupostos xerais do Estado para 2010, aproba a nova tarifa para a cotización de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, con efectos dende o 1 de xaneiro de 2010.


Para transmitirnos as súas dúbidas tan só deberá indicar os seus datos no seguinte formulario e á maior brevidade posible recibirá un correo electrónico de Fraternidad-Muprespa coas aclaracións pertinentes.

Deberá ter en conta que este servizo está destinado unicamente aos asociados de Fraternidad-Muprespa. Por tal motivo deberá poñer especial precaución en cubrir axeitadamente os datos da súa empresa (razón social e CIF) así como o seu enderezo de correo electrónico para que, unha vez comprobada a súa condición de asociado nas bases de datos de Fraternidad-Muprespa, poidamos ofrecerlle de xeito eficiente este servizo de asesoramento.

Consultorio de primas

Fraternidad-Muprespa pon ao servizo dos seus asociados un consultorio para resolver as dúbidas que puidesen xurdir en relación coa aplicación da nova tarifa de primas para a cotización por accidentes de traballo e enfermidades profesionais a través do seguinte formulario.
Contacte con nós



Advertencia importante: Segundo establece a alínea tres da disposición adicional cuarta da Lei 42/2006 do 28 de decembro de presupostos xerais do Estado para 2007, a determinación do tipo de cotización aplicable da nova tarifa de primas corresponde exclusivamente á Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Polo tanto, as respostas que se faciliten a través deste servizo de consulta por correo electrónico, só deben ser consideradas en forma de asesoramento, non sendo vinculantes para ningunha das dúas partes intervinientes, nin ante a Tesouraría.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016