fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

DEFENSOR DO MUTUALISTA

Como parte do plan estratéxico que puxemos en marcha en Fraternidade-Muprespa, co obxectivo de mellorar a atención aos nosos mutualistas, implantamos a figura do Defensor do Mutualista. A función desta entidade dentro da mutua é a de atender, canalizar e dar resposta a todas as queixas, reclamacións e suxestións, tanto dos pacientes coma das empresas e traballadores asociados.
A Oficina do Defensor do Mutualista, que comezou a súa andaina a principios do 2011, actúa con independencia, imparcialidade respecto ás partes e con total autonomía en canto aos criterios e directrices a aplicar no exercicio das súas funcións.

Ademais, o Defensor do Mutualista realiza recomendacións e elabora propostas de mellora de atención ás distintas unidades responsables da xestión.
 

Para contactar coa Oficina do Defensor do Mutualista existen as seguintes canles:

  • Por correo electrónico a defensormutualista@fraternidad.com
  • A través do formulario de contacto
  • Presencialmente, en calquera das oficinas da Mutua. Para este fin, habilitarase unha caixa de suxestións, e un rexistro de queixas e reclamacións.
  • Por correo postal, á Oficina do Defensor do Mutualista, Plaza de Cánovas del Castillo, 3, 28014 Madrid.
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016