fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

FRATERNIDAD MUPRESPA PARTICIPA NO ANO INTERNACIONAL DA ENERXÍA SOSTIBLE PARA TODOS

En decembro de 2010, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas designou 2012 como o Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos

 

En Fraternidad-Muprespa parécenos de suma relevancia e importancia para o ben de todos, o movemento 2012 Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos; coincidindo este, á súa vez, cos nosos valores de empresa entre os que se encontra o compromiso na protección e defensa do ambiente, como se constata na nosa política de Calidade e Ambiente e na nosa Responsabilidade Social Corporativa.

Por iso, dende a Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, Fraternidad-Muprespa, queremos apoiar a proposta de Nacións Unidas en pro da concienciación de coidar o noso planeta e os seus habitantes.

Nacións Unidas propón o 2012 como Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos

 
O 20 de decembro de 2010, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a resolución (A/RES/65/151) pola que se declaraba 2012 Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos

 RESOLUCIÓN DAS NU APROBACIÓN ANO INTERNACIONAL DA ENERXÍA SOSTIBLE PARA TODOS
 


A nosa Web corporativa, importante centro neurálxico no que conflúen diariamente miles de profesionais e empresas en busca de información, eríxese como medio de promoción privilexiado a través do que divulgar a mensaxe do 2012 Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos.

A nosa contribución na celebración deste movemento pasará por difundir a mensaxe e invitar todo o mundo a facelo. Para iso, incluiremos información sobre a enerxía sostible no noso portal Web corporativo e os produtos electrónicos de uso público que habitualmente elaboramos:

  • Imaxes diseminadas ao longo do portal Web
  • Salvapantallas
  • Fondos de escritorio

 

Fondos Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos Salvapantallas Ano internacional da Enerxía Sostible para Todos Fondos Ano internacional da Enerxía Sostible para Todos

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016