fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

GUÍA DO PACIENTE

En Fraternidade-Muprespa desexamos que o proceso asistencial de cada un dos nosos pacientes se resolva de xeito áxil e satisfactorio. Para iso, poñemos á súa disposición todos os medios técnicos e humanos ao noso alcance que faciliten o seu diagnóstico e mellor tratamento.

Co obxectivo de ofrecer ao paciente toda a información necesaria e anticipar a resposta a aquelas dúbidas que poida ter, en relación ao noso xeito de funcionar e os servizos que ten á súa disposición, creamos a Guía do paciente.

A Guía do paciente de Fraternidade-Muprespa recolle a seguinte información:

  • Os dereitos e obrigas aos que, como paciente, se pode acoller e debe cumprir sobre a base da Lei 14/1986 xeral de sanidade e a Lei 41/2002, de 14 novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica.
  • Información sobre os trámites que lle afectan cando sofre un accidente de traballo.
  • Servizos sanitarios:
  • Prestacións sanitarias e rehabilitadoras.
  • Recoñecementos e probas regulamentarias.
  • Recoñecementos e probas regulamentarias.
  • Centros de atención e hospitalarios aos que pode dirixirse.
  • Servizos administrativos:
  • Centro telefónico de atención permanente.
  • Acceso á información clínica.
  • Historia clínica electrónica e Portal do paciente.
  • Reclamacións, suxestións e valoracións:
  • Defensor do mutualista.
  • Valoración do servizo recibido.
  • Glosario de termos usados entre a Mutua e o paciente.
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016