fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

HISTORIA

HISTORIA

A fundación da Fraternidad prodúcese en Bilbao no ano 1929, da man do seu fundador e presidente, Escolástico Zaldívar Aguarón, e publicouse a súa aprobación na Gaceta de Madrid (actualmente, BOE) do 19 de outubro dese mesmo ano.

Dunha estrutura familiar aos seus comezos pasa, na década dos 60, a converterse nunha próspera entidade, cunha presenza destacada nas principais cidades españolas.

Na década dos 70, comeza o seu verdadeiro desenvolvemento, abre novas oficinas e delegacións. En 1973 inaugura o Centro Hospitalario do Paseo de La Habana en Madrid, e segue avanzando na instalación de novos centros asistenciais e de prevención en Barcelona, Zaragoza, Bilbao, Cáceres e Córdoba.

niños

Na década dos 80 e primeiros anos dos 90, Fraternidad consolida esa etapa de expansión e continúa coa apertura de novos centros e a absorción de máis de 14 mutuas, algunhas cunha forte implantación territorial. Asemade, liderou unha etapa de formación académica e científica, coa celebración de innumerables simposios e xornadas. En 1977 organizou o seu primeiro simposio médico, sendo xa dezasete os celebrados ata a data.

Ao finalizar a década dos 90, as Xuntas Xerais da Fraternidad e de Muprespa Previsión aproban a fusión das dúas mutuas. Deste xeito, a nova entidade resultante pasou a ocupar o terceiro posto no sector das mutuas de accidentes de traballo.

Conta con máis de 90.000 m2 en instalacións sanitarias e administrativas; unha rede propia con 129 centros asistenciais e oficinas; dous grandes centros hospitalarios en Madrid; dous centros intermutuais, dotados todos eles cos máis avanzados medios técnicos, sen esquecer os concertos coas mellores clínicas e centros sanitarios en todas as comunidades autónomas.

Así, un dos piares básicos é a forte implantación nacional da Mutua e a proximidade física ás empresas, o que lle permite ofrecer e garantir uns SERVIZOS PROFESIONAIS mellores e máis próximos.

O labor da mutua pasa ineludiblemente por realizar unha xestión eficaz e profesional, cun trato persoal e directo cara ás empresas asociadas e aos seus traballadores. Profesionalidade e experiencia serían as dúas calidades polas que se distinguiu a súa actuación ao longo destes 84 anos.

Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social n.º 275, con CIF G82287228, ten o seu domicilio social na praza Cánovas del Castillo, n.º 3, 28014, de Madrid.

subir

INFORMACIÓN DE INTERESE SOBRE AS MUTUAS DE ACCIDENTES DE TRABALLO

Que é unha MCSS?

As Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social defínense como asociacións de empresarios, de natureza privada, sen ánimo de lucro, cuxo obxecto exclusivo é a colaboración na xestión da Seguridade Social e cuxo ámbito de actuación se estende a todo o territorio nacional. A colaboración na xestión desenvólvese en relación con varias prestacións.

Algúns aspectos relevantes sobre o funcionamento das Mutuas Colaboradora coa Seguridade Social son:

  • Asunción dos seus asociados da responsabilidade mancomunada, nos supostos e co alcance establecidos na Lei 35/2015.
  • O carácter voluntario polo cal o empresario pode optar entre formalizar, por períodos anuais (ampliado a tres anos por disposición transitoria primeira do RD 38/2010), a cobertura dos accidentes de traballo coa Mutua ou as Entidades Xestoras da Seguridade Social (O Instituto Nacional da Seguridade Social e o Instituto Social da Mariña).
  • A constitución baixo autorización do Ministerio de Emprego e Seguridade Social e o funcionamento baixo a súa vixilancia e tutela.
  • A personalidade xurídica propia que habilita as mutuas para adquirir, posuír, gravar ou allear bens e realizar toda clase de actos e contratos ou exercitar dereitos ou accións.
  • A contabilidade rexida polo Plan Xeral de Contabilidade da Seguridade Social, e a rendición de contas da súa xestión ante o Tribunal de Contas e a Auditoría Xeral da Seguridade Social.
  • A integración dos presupostos anuais dentro dos Presupostos Xerais do Estado, no apartado da Seguridade Social.
  • A contratación de servizos, subministracións e obras articulada pola Lei de contratos do sector público.

subir

Como funciona...?

La Mutua Colaboradora coa Seguridade Social no desempeño da súa actividade habitual ten a necesidade e obriga de interaccionar con interlocutores pertencentes tanto ao ámbito privado (empresas asociadas e provedores) coma público (Ministerio de Emprego e Seguridade Social , INSS, Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Intervención Xeral da Seguridade Social).

As distintas Mutua Colaboradora coa Seguridade Social poñen os seus servizos a disposición de todas as empresas e traballadores autónomos, evitando a xeración de custos comerciais, e é decisión destes a opción de asociación ou adhesión cunha mutua e o alcance da cobertura, que deben comunicar convenientemente á Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

A raíz desta asociación da empresa á Mutua, esta última percibe da Tesouraría Xeral da Seguridade Social as cotas correspondentes á cotización da empresa polos seus traballadores. De xeito paralelo, durante a vixencia do contrato, a empresa fai uso dos servizos concertados (sanitarios, económicos, etc.).

O desempeño da Mutua para ofrecer ás empresas e traballadores os seus servizos require o uso dos seus propios recursos (humanos e físicos), así como de provedores externos, aos cales contrata seguindo as directrices marcadas pola Lei de contratos do sector público.

Por último, sobre a base da colaboración directa co Ministerio de Emprego e Seguridade Social , e co obxecto de certificar o correcto funcionamento, a Mutua:

  • Sométese á auditoría anual de contas, por parte da Intervención Xeral da Seguridade Social.
  • Réxese polas resolucións e decretos formulados polo Ministerio de Traballo e Inmigración.
  • Coordínase co Instituto Nacional da Seguridade Social na xestión e administración das prestacións económicas.
  • Coordínase co Servizo Público de Saúde na xestión da incapacidade temporal derivada da xestión das continxencias comúns.

subir

¿Qué significa estar asociado...

A situación de asociación dunha empresa é de obrigado cumprimento, ben se materialice esta cunha Mutua Colaboradora coa Seguridade Social ou co Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS). A relación de asociación entre a empresa ou o traballador autónomo e a Mutua iníciase mediante a solicitude por parte dos primeiros á Tesouraría Xeral da Seguridade Social. Despois, esta solicitude execútase de xeito distinto segundo a situación na que se encontren:

A asociación entre a empresa pode ter distintos alcances:

  • (Obrigatoria) Xestión das continxencias de accidente de traballo e enfermidades profesionais, en termos sanitarios e económicos.
  • (Opcional) Xestión da prestación económica de incapacidade temporal derivada das continxencias comúns.

No caso do traballador autónomo, o alcance da cobertura varía en función do tipo de traballador autónomo, e réxese segundo a seguinte táboa Resumo dos dereitos adquiridos co novo estatuto do traballador autónomo.

Tendo o anterior en conta, estar asociado á mutua Fraternidad-Muprespa non supón ningún gasto adicional para a empresa, xa que as cotas que recibe a Mutua para desempeñar a súa actividade proceden da recadación realizada por parte da Tesouraría Xeral. Polo tanto, a cobertura da continxencia por accidente de traballo vén soportada pola cotización por Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais realizada en concepto de pagamento dos Seguros Sociais. Mentres que se se opta pola cobertura da prestación económica por incapacidade temporal derivada de continxencias comúns, esta vén soportada por unha porcentaxe da cota de Continxencias Comúns pagada pola empresa. En calquera caso, é a Tesouraría Xeral da Seguridade Social a encargada de transferir de forma directa os importes á Mutua.

subir
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016