fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

INFORME 2003

RESUMO DO INFORME

DATOS ECONÓMICOS

 

RESUMO DO INFORME

Durante o exercicio 2003, en FRATERNIDAD MUPRESPA producíronse unha serie de cifras relevantes que permitiron obter un dos mellores resultados da historia da nosa entidade e así, outro ano máis, consolidar e incrementar a presenza no mercado, mellorando a actividade asistencial, ademais de potenciar os recursos destinados á prevención de riscos laborais, co fin de reducir a sinistralidade laboral e responder ás esixencias cada vez maiores das nosas empresas mutualistas, dándolles unha resposta máis áxil aos traballadores protexidos.

Os datos máis significativos do exercicio 2003 pódense resumir nos seguintes puntos:

- Como resultado do importante crecemento dos ingresos e a contención do gasto, o resultado ou excedentes totais ascenderon a 41,96 millóns de euros (case o triplo dos do ano 2002).

- O esforzo realizado en prevención viuse reflectido no descenso do 17,80% dos accidentes de carácter grave, así como no estancamento en cifras absolutas dos accidentes mortais.

- A inauguración de once novos centros asistenciais ou a ampliación e mellora dos existentes.

Balance

No ano 2003, o activo do balance de FRATERNIDAD MUPRESPA elevouse a case 330 millóns de euros, cun incremento do 11,13% respecto do precedente. A cifra de reservas ascendía a 209,97 millóns de euros e as provisións para continxencias de tramitación a 91,95 millóns de euros. As reservas correspondentes ao patrimonio histórico ascenderon a 18,44 millóns de euros. Estas cifras dan idea da solidez e solvencia financeira da nosa entidade.

Conta de xestión

Dúas cifras poden resumir os resultados obtidos por FRATERNIDAD MUPRESPA no ano 2003; por un lado, os ingresos totais correspondentes á conta de xestión e ao patrimonio privativo da mutua, que alcanzaron a cifra de 751,7 millóns de euros, o que supón un incremento do 14% con respecto á cifra do ano anterior e, por outro lado, os excedentes totais, situándose no ano 2003, como se di anteriormente, en 41,96 millóns de euros (37,32 millóns correspondentes a xestión e 4,64 a patrimonio privativo da mutua).

As continxencias profesionais reflectiron uns ingresos que ascenderon a 524,96 millóns de euros; destes, 506,17 corresponderon a cotas devengadas, cun crecemento do 10,52% e do 11,23% en cotas cobradas, porcentaxe esta superior, que se explica polo descenso da morosidade no exercicio 2003. A evolución dos gastos por esta continxencia foi igualmente positiva e produciuse un incremento respecto do ano 2003 dun 3,24%, cun peso respecto dos ingresos por cotas devengadas do 12,72%,.

En continxencias comúns, os ingresos por cotas devengadas alcanzaron a cifra de 192,41 millóns de euros, cun incremento do 24,82% respecto do ano anterior.

Actividade

Ao peche do exercicio 2003, o número de empresas asociadas á mutua era de 286.861 para continxencias profesionais e 89.470 para continxencias comúns, mentres que o número de traballadores protexidos se elevou a 1.333.192 e 819.773 para cada tipo de continxencia.

No que respecta á sinistralidade laboral, a nosa mutua contabilizou 185.848 accidentes, dos cales 89.874 requiriron baixa laboral, cun incremento sobre o ano anterior do 4,1%, pero se temos en conta o maior crecemento da poboación protexida observaremos unha apreciable mellora (case 6 puntos) do índice de incidencia (número de accidentes con baixa por cada 1.000 traballadores protexidos). Tamén é notable o descenso do 17,8% nos accidentes graves e o estancamento dos accidentes mortais.

A prevención de riscos laborais, enmarcada no Plan xeral de actividades preventivas, supuxo novamente un reto para a mutua en canto a dotación de medios e de organización, o que deu paso a unha intensa actividade preventiva nas nosas empresas asociadas.

Recursos

Ao peche do exercicio, FRATERNIDAD MUPRESPA contaba con 170 locais propios, 150 centros de xestión, 163 unidades básicas de saúde, 30 unidades e equipos móbiles, 108 centros asistenciais, 2 hospitais en Madrid (Paseo de la Habana, 83-85 e Madre de Dios, 42) e 2 centros intermutuais en Bilbao e Paterna (Valencia).

O cadro de persoal no exercicio 2003 alcanzou os 2.703 traballadores, que se distribúen entre o persoal de xestión con 1.037 traballadores, persoal sanitario con 1.180 traballadores e técnicos de prevención con 468 traballadores.

DATOS ECONÓMICOS DO 2003

Conta de xestión

 

  INGRESOS   Euros   GASTOS   Euros  
  Cotizacións sociais   698.582.697,41   Prestacións sociais   251.051.565,77  
  Ingresos por prestación de servizos   3.999.890,92   Aprovisionamentos   47.763.370,13  
  Reintegros   7.107.804,25   Gastos de persoal   68.590.943,05  
  Ingresos financeiros   3.258.829,44   Outros gastos de funcionamento   43.403.193,28  
  Outros ingresos de xestión ordinaria   181.814,68   Transferencias e subvencións   263.960.015,06  
  Transferencias e subvencións   139.561,77   Gastos extraordinarios   6.166.915,61  
  Ganancias e ingresos extraordinarios   4.985.659,09   Resultado do exercicio   37.320.254,66  
  Total Ingresos   718.256.257,56   Total Gastos   718.256.257,56  


Resultados do exercicio 2003: 41,96 millóns de euros (6.982 millóns de pesetas)
Xestión (37,32 millóns de euros) + Patrimonio histórico (4,64 millóns de eurs)
 
 

Evolución Cuotas   Evolución Reservas
null   null
(en milions d’euros)   (en milions d’euros)

Balance de Situación

  ACTIVO   Euros      PASIVO   Euros  
  Inmobilizacións inmateriais   2.093.335,69
Reservas   170.215.279,19  
  Inmobilizacións materiais   59.368.968,13
Resultados de exercicios anteriores   2.440.238,01  
  Investimentos financeiros permanentes   6.813.963,82
Resultados do exercicio   37.320.254,66  
  Gastos para distribuír en varios exercicios   5.561.584,05
Acredores a longo prazo   1.298.144,59  
  Existencias   292.759,95
Acredores a curto prazo   26.526.746,81  
  Debedores   76.467.392,61
Partidas pendentes de aplicación   128.718,94  
  Investimentos financeiros e tesourería   179.284.915,35
Provisión para continxencia en tramitación   91.953.537,40  
  Total Activo   329.882.919,60
Total Pasivo   329.882.919,60  

Patrimonio Histórico*

  ACTIVO   Euros      PASIVO   Euros  
  Inmobilizado   9.768.446,66
Reservas   18.438.026,53  
  Debedores   4.443.346,95
Acreedores   4.369.841,97  
  Investimentos financeiros e tesourería   8.627.406,16
Partidas pendentes   31.331,27  
  Total Activo   22.839.199,77
Total Pasivo   22.839.199,77  


Os valores aquí reflectidos son os que figuran nos libros de contabilidade da mutua e corresponden aos valores de adquisición menos as correspondentes amortizacións. Non obstante, existe nos inmobles unha notable diferenza entre os valores contables e os de mercado. Estes últimos poderían estimarse en máis de 54 millóns de euros, os correspondentes ao patrimonio histórico*, e en máis de 88 millóns os do patrimonio de xestión. Estas diferenzas poderían considerarse como reservas ocultas da entidade.


Solvencia financeira a prezos de mercado (xestión máis patrimonio histórico)

(*) Segundo o artigo 3 2 do Regulamento das mutuas (BOE do 12-12-95), "os bens incorporados ao patrimonio das mutuas de A. e E. P. da S. S., con anterioridade ao 1 de xaneiro de 1967... constitúen o patrimonio histórico das mutuas, cuxa propiedade lles corresponde en calidade de asociación.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016