fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

INFORME 2004

O exercicio 2004 foi, para Fraternidad-Muprespa, altamente positivo, tanto no que se refire á cifra de ingresos como á de excedentes. En canto á primeira, a nosa Entidade superou a barreira dos 800 millóns de euros, acandando unha cifra total, só no que á conta de xestión se refire, de 815,83 millóns, e en canto aos excedentes, acadáronse 66,82 millóns. Neste exercicio, a Mutua contabilizou 292.598 empresas asociadas, cunha poboación protexida de 1.321.667 traballadores. No que respecta ás Continxencias Profesionais, o total de ingresos foi de 581,39 millóns de euros, dos que 553,88 corresponderon a cotas cun incremento do 9,43 por 100 respecto da cifra do ano anterior.


Só no que a conta de xestión se refire, a nosa Entidade acadou uns ingresos de 815,83 millóns de euros, e en canto aos excedentes, acadáronse 66,82 millóns de euros.


Pola banda dos gastos hai que salientar que a cifra correspondente á incapacidade temporal creceu a un ritmo (9,75 por 100) similar ao do incremento dos ingresos por cotas. Os gastos por capitais renda foi de 67,48 millóns, un 16,98 por 100 inferior á cifra de 2003, e os de provisións para continxencias en tramitación de 801.634 euros, cun aumento de 3,8 millóns sobre o exercicio anterior.

O crecemento dos ingresos e a moderación do gasto tivo como resultado a obtención dunha cifra de excedente por Continxencias Profesionais de 57 millóns de euros, superior nun 37,5 por 100 á do exercicio anterior (41,5 millóns) que xa foi considerada no seu momento como altamente satisfactoria pola nosa Xunta.


No que respecta ás Continxencias Profesionais, o total de ingresos foi de 581,39 millóns de euros.


A conta por Continxencias Comúns presentou uns ingresos de 234,44 millóns de euros, dos que 233,72 foron por cotas, cun incremento do 21,47 por 100 sobre a cifra do ano anterior. O gasto en incapacidade temporal por esta continxencia creceu un 22,11 por 100, supoñendo a súa cifra total un 87,6 por 100 dos ingresos.


A conta por Continxencias Comúns presentou uns ingresos de 234,44 millóns de euros.


Con estas cifras o resultado tería sido similar ao do ano anterior. Non obstante, a Xunta Directiva estimou oportuno modificar a imputación de gastos de asistencia médica, que anteriormente se distribuían entre os dous conceptos (continxencias profesionais e comúns) en proporción ás cotas de IT, para repartilos en proporción ao número de asistencias, por entender que tal criterio resulta máis axustado á realidade. Así mesmo, decidiu reducir en 1 punto a imputación dos gastos de administración que se estaban a imputar en exercicios anteriores, por entender que un maior volume desta prestación require unha proporción menor neste tipo de gastos.


O resultado obtido por Continxencias Comúns foi no exercicio 2004 de 9,78 millóns de euros.


Con estes novos, e máis realistas criterios de imputación do gasto, o resultado obtido por Continxencias Comúns foi no exercicio 2004 de 9,78 millóns de euros, fronte a un resultado negativo de 4,18 millóns en 2003.

Para o conxunto de ambas contas (continxencias profesionais e comúns) os ingresos totais da nosa Mutua correspondentes á colaboración coa Seguridade Social foron de 815,83 millóns de euros, superiores nun 13,59 por 100 aos do ano anterior. Deles 787,6 millóns corresponderon a cotas devindicadas, un 12,74 por 100 máis que en 2003. Os excedentes totais por ambos conceptos ascenderon a 66,82 millóns de euros, o que supón un incremento do 79 por 100 sobre os excedentes do ano 2003, e un 8,19 por 100 sobre a cifra de ingresos totais do exercicio.


Os excedentes totais de Xestión acadaron os 66,82 millóns de euros, o que supón un incremento do 79 por 100 sobre os excedentes do ano 2003.


Ámbalas dúas cifras, os 815,83 millóns de euros de ingresos totais e os 66,82 millóns de excedentes, caracterizan un exercicio que resultou o mellor da historia recente da nosa Entidade.

Cuestión aparte, que merece comentario especial, é a actividade da Mutua como Servizo de Prevención. No exercicio obxecto deste informe, a nosa Entidade obtivo uns ingresos pola súa facturación como Servizo de Prevención Alleo, de 32,5 millóns de euros, correspondentes a 23.546 contratos que deron cobertura a 686.534 traballadores. A finais do exercicio, a Secretaría de Estado da Seguridade Social ditou unha Resolución de data 28 de decembro, aplicable retroactivamente a todo o exercicio 2004, que modificou o sistema de compensación de gastos á conta de xestión, e que supuxo un profundo cambio da conta de resultados do SPA respecto da que se tería obtido de acordo co sistema de compensación vixente ata entón (Resolución de 22 de decembro de 1998, desenvolvemento da Orde de 22 de abril de 1997). A aplicación da citada Resolución de 28 de decembro de 2004 motivou que a conta de xestión do SPA presentara un déficit de 7,95 millóns de euros ao peche do ano. Como resultado desta cifra, o Patrimonio Privativo da Mutua, que obtivera uns resultados positivos de 3,31 millóns, pechou o exercicio cun resultado negativo neto de 4,64 millóns de euros.

Para o próximo exercicio 2005, unha nova normativa (Real Decreto 688/2005 de 10 de xuño) impón unha separación absoluta da actividade da Mutua como Servizo de Prevención Alleo respecto da súa actividade como Entidade Colaboradora da Seguridade Social, ben mediante a fórmula de desenvolvemento desta actividade directamente a través dunha organización específica, ben mediante a continuación da mesma a través da cesión a unha sociedade de prevención cuxo titular unipersoal sexa o Patrimonio Privativo da Mutua.

De ámbalas dúas opcións será a segunda a que se someterá á consideración da Xunta Xeral. De aprobarse pola mesma, e suposto que o correspondente expediente de segregación sexa aprobado pola Secretaría de Estado da Seguridade Social, a nova Sociedade de Prevención da Mutua constituiríase dentro do ano 2005, con efectos económicos a partir do 1 de xaneiro dese ano. O obxectivo obvio, tanto para o exercicio 2005 como para os sucesivos, será consolidar esta sociedade, mellorar a xestión e incrementar a súa facturación de forma que se obteñan resultados positivos.

Finalmente, no que respecta ao Balance da Mutua para o ano 2004, hai que salientar que as reservas acumuladas acadaban a 31 de decembre, os 277,07 millóns de euros no que respecta á Xestión do Patrimonio da Seguridade Social, e os 14,55 millóns as do Patrimonio Privativo. Ambas cifras, ás que hai que engadir as Provisións para Continxencias en Tramitación por importe de 92,76 millóns, dan idea da solvencia financeira da nosa Entidade.


As reservas acumuladas acadaban a 31 de decembre os 277,07 millóns de euros no que respecta á Xestión do Patrimonio da Seguridade Social, e os 14,55 millóns as do Patrimonio Privativo.


Ao longo do ano 2004 a nosa Entidade continuou coa súa política de ampliación e mellora das súas instalacións, o desenvolvemento dos seus sistemas informáticos e a potenciación dos servizos aos nosos mutualistas. Abríronse ou ampliáronse instalacións en 15 centros, de xeito que se acadaron os 168 centros de xestión e 108 centros asistenciais. O 2004 foi un ano sumamente positivo para a nosa Entidade, a teor das cifras anteriormente mencionadas, no cal procuramos facer fronte aos compromisos de calidade e servizo que asumimos fronte aos nosos mutualistas e aos traballadores cuxa cobertura se nos confiou. É o noso propósito continuar a traballar para xustificar a confianza que depositaron en nos. Nesta tarefa están comprometidos todos os profesionais que prestan os seus servizos en Fraternidad Muprespa, aos cales agradecemos a súa dedicación e esforzo.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016