fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE NA SÚA MUTUA: PARTICIPE CONNOSCO

¿Que é o Día Mundial do Medio Ambiente? ¿Cal é o seu propósito?

A mutua Fraternidad Muprespa co medio ambiente

O 15 de decembro de 1972, a Asemblea Xeral da ONU designou o cinco de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente, xa que, nesta data, se iniciou a conferencia sobre o Medio Humano, que tivo lugar en Suecia.

O Día Mundial do Medio Ambiente, que ten lugar anualmente dende a Declaración de Estocolmo sobre o Medio Ambiente Humano de 1972, é o principal medio a través do cal a Organización das Nacións Unidas:

  • Estimula a conciencia mundial en materia ambiental.
  • Promove o comportamento responsable do individuo de modo que se garanta a sostibilidade dos recursos naturais cos que conta o planeta.
  • Mostra a nosa responsabilidade no desenvolvemento de formas de proporcionar os servizos que non impliquen un impacto nos recursos naturais e minimicen os efectos sobre o medio ambiente.

O lema deste ano, "Bosques: natureza ao teu servizo", pon de manifesto a cantidade de valores esenciais que ofrecen os bosques como preservadores da biodiversidade, así como a relación intrínseca existente entre a nosa calidade de vida e a saúde dos ecosistemas forestais.


Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016