fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

O NOSO COMPROMISO COA RSC

A Responsabilidade Social Corporativa é "o conxunto de compromisos de diversa orde económica, social e ambiental adoptados polas empresas, as organizacións e institucións públicas e privadas e que constitúen un valor engadido ao cumprimento das súas obrigas legais, contribuíndo á vez ao progreso social e económico no marco dun desenvolvemento sostible".
Ministerio de Emprego e Seguridade Social

A Responsabilidade Social Corporativa (RSC) de Fraternidad-Muprespa consiste no conxunto de compromisos, obrigas e obxectivos, tanto legais coma éticos, que asumimos dentro da actividade que desenvolvemos, como Mutua Colaboradora coa Seguridade Social.

Sendo conscientes da natureza, sen finalidade de lucro, da nosa organización é para nós especialmente importante o impulso activo das políticas relativas á RSC. Por iso, demos os primeiros pasos para integrar a responsabilidade social nos nosos procesos de xestión e marcámonos a esixencia de informar a sociedade segundo as recomendacións, guías e directrices que propón a Global Reporting Initiative, tanto no ámbito social como o ambiental ou o económico. Para iso elaboramos un resumo rigoroso e transparente da actividade que levamos a cabo a favor dos nosos grupos de interese, a sociedade en xeral e o desenvolvemento sostible, que se recolle na nosa memoria anual (Enlace ao contido da memoria).

Quen constitúen os nosos grupos de interese?

  • Empresas asociadas: 309.000 empresas de todos os sectores de actividade
  • Poboación protexida: Case 1.300.000 traballadores protexidos en Continxencias Profesionais (Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais) e 977.089 na prestación económica de Incapacidade Temporal por Continxencias Comúns (enfermidade común e accidente non-laboral), dos que 814.269 son traballadores por conta allea e 162.820 traballadores por conta propia ou autónomos
  • Interlocutores da Mutua: Administracións públicas, organizacións sindicais e empresariais, e outras mutuas
  • Colaboradores: Máis de 7.000, participando activamente na xestión dos nosos mutualistas
  • Equipo humano: Case 2.000 empregados cualificados
Mutualistas

O compromiso establecido cos nosos mutualistas (tanto empresas coma traballadores protexidos) é o principal obxectivo da nosa misión:
"Restablecer a saúde dos traballadores e proporcionar as prestacións económicas mantendo a máxima deferencia e facendo todo iso con rapidez, confidencialidade, eficiencia, innovación e sostibilidade".

Sendo o noso reto o de converternos na Mutua de referencia pola vocación de servizo aos nosos mutualistas e os seus traballadores, baseándonos no desenvolvemento integral dos nosos profesionais, nas máis innovadoras tecnoloxías, e na aplicación das mellores prácticas, fomentando a proxección intermutual e en plena colaboración coa Seguridade Social, respectando os principios éticos e os valores que a sociedade demanda.

Aínda que tamén forman parte do noso compromiso coas empresas e asociados outros aspectos especialmente relevantes:

  • A calidade na atención, tanto no que se refire á prestación de carácter médico coma á prestación económica
  • A rapidez e eficacia na atención, garantindo sempre a plena curación do paciente
  • A igualdade de trato, asegurando que non se practicará discriminación ningunha na práctica dos servizos prestados
  • Observancia estrita da legalidade vixente
  • Redución da sinistralidade laboral e os seus correspondentes índices de incidencia
  • Difusión da cultura preventiva no seo das nosas empresas asociadas para a incorporación e mellora da súa actividade de prevención

subir

Provedores

En Fraternidad-Muprespa sacamos a concurso público todos aqueles procedementos de contratación relativos a obras, subministracións, consultoría e asistencia de servizos sobre a base da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.
Así mesmo, dende Fraternidad-Muprespa, requirimos aos nosos provedores o máximo rigor na provisión de servizos e a subministración de produtos co protocolo de Coordinación de Actividades Empresariais (CAE) na formalización dos contratos cos provedores. Este protocolo é de obrigado cumprimento segundo a Lei de prevención de riscos laborais e os seus regulamentos de desenvolvemento.

subir

Empregados de Fraternidad-Muprespa

O compromiso da Entidade cara aos traballadores persegue a estabilidade laboral, o fomento da contratación indefinida, a promoción, formación e desenvolvemento profesional e un trato non-discriminatorio, potenciando o mérito propio, a capacidade e a experiencia. Todo isto promovendo un comportamento ético cara á propia institución e os seus empregados, baseado na honestidade e a transparencia, o respecto e o cumprimento estrito, como Entidade Colaboradora coa Seguridade Social.

Á súa vez, os empregados de Fraternidad-Muprespa préstanse a unha colaboración conxunta na execución da nosa actividade como mutua. Podemos salientar como valores específicos do noso traballo os seguintes:

  • Traballo en equipo co fin de garantir un mellor servizo e unha maior calidade
  • Respecto no trato a todos os empregados, sen distinguir categorías, coñecementos, antigüidade, procedencia, sexo, idade, etc.
  • Achega, por parte de cada empregado, de todos os seus coñecementos co fin de acadar unha maior eficacia e eficiencia na xestión de Fraternidad-Muprespa
  • Colaboración espontánea dos empregados levando a cabo as tarefas doutros compañeiros que, ante unha situación determinada, non poidan resolver eles mesmos

En Fraternidad-Muprespa estamos convencidos de que unha boa preparación e satisfacción do persoal repercute nun servizo de calidade para todos os nosos grupos de interese.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016