fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

POLÍTICA DE CALIDADE

A política de calidade definida por Fraternidad-Muprespa e baseada na Norma UNE-EN-ISO 9001:2008 está orientada á consecución do seu obxectivo principal, consistente en satisfacer as expectativas e necesidades dos clientes dos Sistemas de Xestión de Calidade de Fraternidad-Muprespa.

Iso implica a realización, por parte dos Sistemas de Xestión de Calidade, das seguintes accións fundamentais:

  1. Cumprir coa lexislación e a normativa vixentes no sector das Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social.
  2. Dispoñer de recursos humanos e materiais suficientes, racionais, económicos, seguros e adecuados para proporcionar os servizos que se demanden.
  3. Promover a excelencia a través do establecemento de obxectivos e metas, na medida do posible cuantitativos, sobre aqueles aspectos susceptibles de mellora, detectados a través da avaliación sistemática e periódica do Sistema de Xestión de Calidade.
  4. Promover e alcanzar os obxectivos marcados.
  5. Consolidar os procedementos, ao obxecto de buscar o desenvolvemento e a mellora da calidade. Xestionar e controlar eficazmente o servizo.
  6. Manter sempre o compromiso de cumprir cos requisitos e de mellorar continuamente a eficacia do Sistema de Xestión de Calidade.
  7. Concienciar, formar e motivar o persoal sobre a importancia da implantación e o desenvolvemento dun Sistema de Xestión da Calidade e sobre a súa implicación no cumprimento das expectativas e necesidades dos clientes, ademais de perseguir unha valoración polo menos notable por estes.
  8. Manter o Sistema de Xestión de Calidade aberto á participación activa de todo o persoal da nosa Mutua e dos nosos clientes, tendo en conta as suxestións de mellora propostas co obxecto de fomentar a mellora continua. Este compromiso dirixe os nosos esforzos cara á mellora da eficacia do Sistema de Xestión de Calidade.

Esta política de calidade enténdese implantada e mantida ao día de hoxe en todos os niveis dos Sistemas de Xestión de Calidade de Fraternidad-Muprespa, e conta co total compromiso da Dirección de Fraternidad-Muprespa, quen a establece, revisa, desenvolve e aplica por medio do Sistema de Xestión Xeral de Fraternidad-Muprespa baseado nos requisitos da Norma UNE-EN-ISO 9001:2008.

A política de calidade implantada implica, por parte da Dirección de Fraternidad-Muprespa e os responsables dos Sistemas de Xestión de Calidade, a difusión a todo o persoal dos Sistemas de Xestión de Calidade da documentación recollida e actualizada no sistema deseñado a tal fin.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016