fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

¿QUE DEBO TER CLARO COMO AUTÓNOMO CO NOVO ESTATUTO?



RESUMO DOS DEREITOS ADQUIRIDOS CO NOVO ESTATUTO DO TRABALLO AUTÓNOMO

RESUMO DOS DEREITOS ADQUIRIDOS CO NOVO ESTATUTO DO TRABALLO AUTONÓMO Antes Despois
Embargabilidade da vivenda habitualSINON
Dereito preferente de suspensión de pagamentosNONSI
Accidente laboral "in itinere"NONSI
Contratación laboral fillos que convivanNONSI
Obrigatoriedade de incapacidade temporal C.C.NONSI
Dereito ao cesamento de actividadeNONSI
Bonificacións para os novos autónomos (homes máis de 30, mulleres máis de 35)25%30%
Xubilación anticipada en actividades de natureza tóxica, perigosa ou penosa (pendentes de determinar)NONSI
Recoñécese a figura de TRADE *NONSI
Obrigatoriedade do TRADE de IT- C.C. ** e AT e EP***NONSI
* Traballador Autónomo Economicamente Dependente
** Cobertura de Incapacidade Temporal de Continxencias Comúns
*** Cobertura de Accidente de Traballo e Enfermidade Profesional

Táboa completa da cobertura aos traballadores autónomos (Prema aquí para descargar o documento).


DEREITO DE TODOS OS AUTÓNOMOS

  • Dereito á igualdade e non discriminación.
  • Dereito á conciliación da vida profesional e familiar.
  • Protección dos menores de 16 anos.
  • Dereito á saúde e seguridade no traballo.
  • Garantías económicas para o cobramento das súas retribucións, especialmente cando traballen para contratistas e subcontratistas.
  • Protección á vivenda habitual fronte ao pagamento de débedas fiscais e de Seguridade Social.
  • Posibilidade de contratar como traballadores do negocio familiar os fillos menores de 30 anos.



DEREITOS DOS TRABALLADORES AUTÓNOMOS ECONOMICAMENTE DEPENDENTES (TRADE)

Os TRaballadores Autónomos economicamente DEpendentes, son aqueles que realizan a súa actividade económica ou profesional para unha empresa ou cliente do que perciben, polo menos, o 75% dos seus ingresos.
  • Como mínimo, 18 días laborables de vacacións ao ano.
  • Indemnización en caso de despedimento.
  • Defensa dos seus dereitos ante a xurisdición social.
  • Negociar conxuntamente as súas condicións de traballo mediante acordos de interese profesional.



DEREITOS COMO COLECTIVO PRESENTE E ACTIVO NA SOCIEDADE

  • Dereito a crear asociacións de autónomos e afiliarse ao sindicato da súa elección.
  • Dereito das asociacións e sindicatos a defender e promover os intereses económicos e sociais dos autónomos.
  • Dereitos a participar na definición das políticas públicas que os afecten, a xestionar programas públicos dirixidos aos autónomos e a estar presentes no Consello do Traballo Autónomo.



MÁIS E MELLOR PROTECCIÓN SOCIAL

  • Extensión a todos os autónomos da protección en caso de baixa por enfermidade.
  • Os autónomos economicamente dependentes e os que traballan en sectores con maior risco de sinistralidade laboral terán protección en caso de accidente de traballo, tamén o ocorrido no desprazamento entre o domicilio e o lugar da actividade, e enfermidade profesional.
  • Establecerase unha prestación por cesamento de actividade que protexa o autónomo en situación de desemprego por causas alleas á súa vontade.
  • Xubilación anticipada para os autónomos que desenvolvan traballos especialmente perigosos, para os que teñan unha certa idade e non atopen traballo despois de percibir a prestación por cesamento de actividade e para as persoas con discapacidade que realicen un traballo autónomo.
  • Permiso de paternidade para os traballadores autónomos e melloras na protección da maternidade e risco durante o embarazo ou lactación das traballadoras autónomas.



REDUCIÓNS E BONIFICACIÓNS NAS BASES DE COTIZACIÓN OU NAS COTAS DA SEGURIDADE SOCIAL PARA DETERMINADOS COLECTIVOS DE TRABALLADORES AUTÓNOMOS

  • Axustes nas bases de cotización para traballadores que coticen simultaneamente a varios Réximes da Seguridade Social superando a base máxima de cotización.
  • Persoas con discapacidade.
  • Traballadores autónomos que se dediquen á venda ambulante ou á venda a domicilio.
  • Outros colectivos como os artesáns.



POLÍTICA DE FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO

  • Redución e bonificacións das cotas da Seguridade Social para mozos ata 30 anos e mulleres ata 35 que inicien a súa actividade como autónomos: 30% durante 30 meses.
  • Promoción da cultura emprendedora.
  • Apoio ao financiamento de proxectos de investimento.
  • Axuda aos procesos de innovación tecnolóxica e organizativa.
  • Acceso á formación profesional.
  • Adecuación á política fiscal para favorecer o traballo autónomo.



MÁIS INFORMACIÓN

Para maior información pódese dirixir á páxina Web da Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos - ATA
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016