fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

QUE É O RISCO DURANTE O EMBARAZO E A LACTACIÓN NATURAL?

A Lei orgánica 3/2007 do 22 de marzo para a igualdade efectiva de mulleres e homes, establece que a prestación económica por Risco durante o Embarazo e a Lactación Natural terán a natureza de prestación derivada dunha continxencia profesional.

A prestación económica trata de cubrir a perda de ingresos que se produce, cando a traballadora é declarada en situación de suspensión do contrato de traballo por risco durante o embarazo, nos supostos en que, debiendo cambiar de posto de traballo ou de actividade por outro compatible co seu estado, dito cambio no resulte técnica ou obxectivamente posible ou non poida razoablemente esixirse por motivos xustificados.

Esta prestación concederase nos termos e condicións previstas para a prestación económica de Incapacidade Temporal, estando incluídas dentro da acción protectora de todos os réximes do sistema da Seguridade Social.

Contía da prestación

A prestación económica consistirá nun subsidio equivalente ao 100% da base reguladora.

Duración da prestación

A prestación económica nacerá o día en que se inicie a suspensión do contrato de traballo e finalizará o día anterior ao da maternidade (nos casos de risco durante o embarazo) e na prestación de lactación natural extinguirase no momento en que o fillo cumpra os 9 meses ou se reincorporase con anterioridade ao seu posto de traballo ou a outro compatible coa súa situación.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016