fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

QUE É UNHA CONTINXENCIA COMÚN?

Enténdese por continxencia común aquela situación na que un traballador, por causa dun accidente ou enfermidade non laboral, se encontra imposibilitado para o desenvolvemento do seu traballo e recibe asistencia sanitaria por parte do Sistema Público de Saúde.

A situación de continxencia común vén determinada polos facultativos da Seguridade Social; sendo potestade destes a expedición da baixa e a alta médicas.

Fraternidade-Muprespa proporciona a prestación económica derivada destas continxencias para aquelas empresas mutualistas que optasen por esta cobertura, segundo fixa o RD 1993/95 do 7 de decembro sobre colaboración das mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social.

Se o empresario elixe esta opción, esta cobertura comprenderá a totalidade dos traballadores e centros de traballo.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016