fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

¿QUE FACER EN CASO DE ACCIDENTE DE TRABALLO?

Aviso urgencias 112

EN CASOS DE URXENCIA VITAL, ACCIDENTE GRAVE E EPISODIOS VASCULARES OU CEREBRAIS

Contacte inmediatamente co Servizo Público de atención sanitaria de urxencias da súa zona e siga as súas indicacións.

SERVIZO 112 ou similar

Farémonos cargo de todos os gastos derivados da evacuación e atención de emerxencia.

NO RESTO DOS CASOS:

  • Acuda ao Centro Asistencial de Fraternidad Muprespa ou Centro Concertado máis próximo a onde vostede se encontra.
  • Se necesita transporte sanitario para a súa evacuación, descoñece a situación do centro máis próximo ou se se encontra fóra do horario de apertura, contacte connosco no seguinte número de urxencias e darémoslle as indicacións oportunas.
Tlf. Mutua

900 269 269

  • Se dispón de Volantes de Solicitude de Asistencia cúbraos e entréguellos ao accidentado ou acompañante.
  • Realizada a primeira cura, o médico estenderá o parte de baixa médica ou parte de asistencia sen baixa médica.

EVACUACIÓN DE ACCIDENTADOS NO ESTRANXEIRO

  • Contáctenos no seguinte teléfono
Tlf. Mutua

+34 913 896 398

  • Se dispón de Volantes de Solicitude de Asistencia cúbraos e entréguellos ao accidentado ou acompañante.
  • Realizada a primeira cura, o médico estenderá o parte de baixa médica ou parte de asistencia sen baixa médica.

¿QUE SE DEBE TRAMITAR?

  • Se se produce baixa laboral, entregarase na Empresa para que esta cubra o parte de accidente que fará chegar a Fraternidad Muprespa, mediante a súa transmisión a través do Sistema Delt@ ou o Portal CoNTA (só Cataluña), nun prazo máximo de 5 días hábiles.
  • Se soamente se produciu a asistencia médica, sen baixa laboral, igualmente  o traballador entregará á Empresa o correspondente parte, para que esta, ao finalizar o mes, efectúe "relación de accidentes de traballo sen baixa médica", que deberá enviar a Fraternidad Muprespa dentro dos cinco primeiros días hábiles do mes seguinte a que se refira a citada relación, a través do Sistema Delt@ ou o Portal CoNTA (só Cataluña).
  • En caso de accidente "grave" ou morte do traballador, a empresa deberá comunicalo obrigatoriamente á Autoridade Laboral competente da provincia onde acontecese e á Mutua dentro das 24 horas de terse producido o accidente (con independencia do parte de accidente que fará chegar a Fraternidad Muprespa, nun prazo máximo de 5 días hábiles a través do Sistema Delt@ ou o Portal CoNTA (só Cataluña)).
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016