fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

SERVIZOS ELECTRÓNICOS (e-Servizos)

Co fin de mellorar o servizo que Fraternidad Muprespa presta aos seus asociados, puxemos en funcionamento unha serie de ferramentas gratuítas para axilizar a tramitación de documentación e establecer unha vía áxil de comunicación entre a Mutua e Vdes.: os e-Servizos.

 e-Servizos
Para darse de alta nos e-Servizos unicamente deberá facernos chegar o seguinte formulario de alta debidamente cuberto, de forma electrónica coa versión en liña ou cubra a versión imprimible, e envíea ou preséntea na súa oficina administrativa de Fraternidad Muprespa máis próxima.
SOLICITUDE DE SUBSCRICIÓN AOS e-SERVIZOS (VERSIÓN EN LIÑA) Solicitar
SOLICITUDE DE SUBSCRICIÓN AOS e-SERVIZOS (VERSIÓN IMPRIMIBLE) Descargar

A continuación faise unha pequena descrición de cada un dos e-Servizos dispoñibles na actualidade:


 Servizo eVSA
Cando un traballador acode aos nosos servizos médicos por un presunto accidente de traballo, se é sensible de causar baixa médica pero NON presentou o VSA (Volante de Solicitude de Asistencia) asinado pola empresa, notificarase este feito e solicitaráselle a confirmación e aceptación do accidente como laboral, mediante a remisión do correspondente VSA (Volante de Solicitude de Asistencia).

Unha vez se reciba o VSA (Volante de Solicitude de Asistencia) aceptando o accidente como laboral, procederase ao envío do arquivo ePAT (Parte de Accidente de Traballo electrónico).

 Servizo ePAT
Cando un traballador sofre un accidente de traballo, se causa baixa médica e presentou o VSA ( Volante de Solicitude de Asistencia ), asinado pola empresa, enviarase un arquivo ePAT (Parte de Accidente de Traballo electrónico).

O arquivo ePAT precargará automaticamente moitos máis dos campos do parte de accidente de traballo no aplicativo PAT 2003.

 Servizo ePEP
Cando un traballador acode aos servizos médicos da mutua e os nosos facultativos detecten unha posible enfermidade profesional, notifícase este feito para informar desta e solicitar a información requirida para formalizar o parte de enfermidade profesional, ou para que a empresa poida solicitar o seu rexeitamento ou recualificación -se non a considerase oportuna-.

 Servizo ePMA
Cando un traballador en situación de baixa médica por accidente de traballo ou enfermidade profesional é dado de alta médica polos nosos facultativos, notificarase este feito para que a empresa teña constancia inmediata de que o traballador debe incorporarse ao seu posto de traballo e para que deixe de practicar deducións en pagamento delegado.

 Servizo eRSB (servizo opcional)
A principios de cada mes enviarase un arquivo eRSB (Relación de accidentes de traballo acontecidos Sen Baixa médica) a aquelas empresas que no mes previo tiveran algún accidente de traballo sen baixa médica.

O arquivo eRSB cargará automaticamente o detalle de todos os traballadores que sufriron algún accidente de traballo sen baixa médica -no mes previo- no aplicativo PAT 2003. , aforrando un tempo considerable na tramitación das relacións de accidentes de traballo sen baixa médica que mensualmente deben remitirse a través do Sistema Delt@.

 Servizo ePSB
Cando un/ha traballador/a acode aos servizos médicos da mutua, tras sufrir un accidente de traballo, e os nosos facultativos determinan que o devandito accidente non causa baixa médica, notificarase este feito o mesmo día en que se realizou a devandita asistencia ao traballador/a.
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016