fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

75 ANIVERSARIO DE FRATERNIDAD MUPRESPA.

01/10/2004, Fraternidad-Muprespa, 

Fraternidad Muprespa, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social, conmemorou durante o mes de outubro de 2004 o seu 75 aniversario coa celebración dunha serie de actos, entre os que destacou a exposición de carteis "Accidentes e prevención. Carteis españois do século XX" e o XIII Simposio Internacional Médico "loenxertos e substitutos óseos en traumatoloxía e ortopedia".

A edición dun libro coa historia dos 75 anos da mutua, complementada cunha análise da evolución histórica da organización laboral e os dereitos do traballador e as súas institucións, en relación coa protección de continxencias, así como unha breve historia da Seguridade Social en España, púxolle o ramo á celebración e conforma unha das pezas que mellor ilustra este 75 aniversario.

Os actos conmemorativos iniciáronse o día 5 de outubro, coa inauguración da exposición de carteis de accidentes e prevención, exposición que recolle obras dende principios do século XX. O día 7 celebrouse unha cea institucional e o día 14 un recital no Teatro Real de Madrid.

Para cerrar os actos, os días 22 e 23 de outubro celebrouse en Madrid o XIII Simposio Internacional " Aloenxertos e substitutos óseos en traumatoloxía e ortopedia ", evento que contou coa participación de importantes especialistas nacionais e estranxeiros na materia.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016