fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

FRATERNIDAD-MUPRESPA EN 2004 INGRESOU MÁIS DE 850 MILLÓNS DE EUROS

09/05/2005, Fraternidad-Muprespa, 
Madrid, 9 de maio.- FRATERNIDAD-MUPRESPA obtivo no exercicio 2004 uns ingresos totais de 854,23 millóns de euros (142.132 millóns de pesetas) fronte a 751,67 millóns do ano anterior, o que representa un incremento dun 13,6 por cento, sendo os máis elevados da súa historia, que no pasado ano celebrou o seu 75 aniversario.

Dos citados ingresos, a parte correspondente á recadación polas cotas devengadas por Continxencias Profesionais (Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais) e Continxencias Comúns (enfermidade común e accidente non laboral) ascendeu a 787,61 millóns de euros, o que representa un incremento dun 12,7 por cento sobre o ano anterior.

Os resultados ou excedentes de xestión ascenderon a 66,82 millóns de euros (11.118 millóns de pesetas) e supoñen un incremento do 79,0 por cento, con respecto aos resultados do ano anterior.

É importante salientar que a cifra de reservas correspondentes a xestión ao peche do 2004 ascendía a 277,07 millóns de euros e unhas provisións para continxencias en tramitación de 92,76 millóns de euros. Todas estas cifras revelan a solidez e solvencia financeira desta Mutua que dirixe Fernando Eguidazu.

A poboación protexida por esta Mutua en 2004 superaba os 1,3 millóns de traballadores, pertencentes a case 300.000 empresas asociadas.

O cadro de persoal total de FRATERNIDAD MUPRESPA, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais, superaba ao peche de 2004, as 2.900 persoas, coa incorporación o ano pasado de 200 profesionais, principalmente técnicos de prevención e especialistas de Medicina do Traballo.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016