fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

FRATERNIDAD MUPRESPA INAUGURA A EXPOSICIÓN
"ACCIDENTES E PREVENCIÓN. CARTEIS ESPAÑOIS DO SÉCULO XX"

16/06/2005, Fraternidad-Muprespa, 

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN LOGROÑO

Día 16 de xuño, ás 13,30 horas, na Sala de Exposicións da Escola de Arte de Logroño (Avenida da Paz, 9. Logroño - entrada polo Paseo de Dax)

FRATERNIDAD MUPRESPA INAUGURA A EXPOSICIÓN
"ACCIDENTES E PREVENCIÓN. CARTEIS ESPAÑOIS DO SÉCULO XX"


Fraternidad Muprespa, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social, inaugurou o pasado día 16 de xuño a exposición"Accidentes e prevención. Carteis españois do século XX", mostra que recolle ilustracións desde 1870 a 1970 e que estará aberta ao público ata o 29 de xuño na Sala de Exposicións da Escola de Arte de Logroño (Avenida da Paz, 9).

Esta mostra de carteis publicitarios sobre accidentes e prevención, información e protección ao traballador e ao cidadáns é unha aproximación estética ao cartel como o medio de comunicación historicamente máis eficaz na paulatina concienciación dos cidadáns ante o drama do accidente laboral, así como a necesidade da prevención dos riscos laborais.

A contemplación da exposición permite sacar conclusións sobre como se enfocaban as mensaxes dirixidas á poboación traballadora ou á cidadanía en xeral. Durante gran parte do período que recolle a mostra, estes colectivos rexistraban unha taxa de analfabetismo moi elevada, polo que o cartel era o medio de propaganda e publicidade máis estendido parta transmitir as mensaxes que se lles querían facer chegar aos obreiros e campesiños, con linguaxe popular e, a miúdo, artisticamente vangardista.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016