fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

XUNTAS XERAIS 2005

13/07/2005, Fraternidad-Muprespa, 

XUNTAS XERAIS 2005

O exercicio 2004 de Fraternidad Muprespa "foi extraordinariamente positivo", tanto pola cifra de ingresos como polos excedentes, dixo o seu presidente Carlos Espinosa de los Monteros na Xunta Xeral ordinaria desta Mutua celebrada o 13 de xullo de 2005.

Os ingresos de xestión acadaron os 815,23 millóns de euros cun incremento do 13,6%, o que unido á moderación dos gastos deu uns excedentes de 66,8 millóns de euros, cun notable aumento sobre o ano anterior.

Se aos ingresos por xestión se suman os 38,40 millóns de euros do patrimonio histórico da Mutua, o total de ingresos por todos os conceptos ascendeu a 854,23 millóns de euros. Todo iso fixo que o 2004 fose "o mellor exercicio da súa historia", precisamente no ano en que conmemorou o seu 75 aniversario.

É importante salientar que a cifra de reservas correspondentes a xestión ao peche do 2004 ascendía a 277 millóns de euros e unhas provisións para continxencias en tramitación de 93 millóns de euros. Estas cifras revelan a solidez e solvencia financeira desta Mutua que dirixe Fernando Eguidazu.

A poboación protexida por Fraternidad Muprespa en 2004 superou os 1,3 millóns de traballadores pertencentes a case 300.000 empresas asociadas. E o cadro de persoal total, superaba ao finalizar 2004, as 2900 persoas, coa incorporación o ano pasado de 200 profesionais, principalmente técnicos de prevención e especialistas en Medicina do Traballo.

Na Xunta Xeral extraordinaria celebrada a continuación aprobouse a creación dunha sociedade mercantil "Fraternidad Muprespa Prevención", para seguir desenvolvendo a actividade de sociedade de prevención allea, que agora, polo Real Decreto 688/2005 do 11 de xuño, ten que se desenvolver dun xeito totalmente separado da actividade preventiva dentro do campo de cobertura da Seguridade Social con cargo a cotas.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016