fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

FRATERNIDAD MUPRESPA E OS AUTÓNOMOS

20/10/2005, Fraternidad-Muprespa, 

FRATERNIDAD MUPRESPA E OS AUTÓNOMOS

Consciente da crecente importancia do colectivo dos traballadores autónomos, a dirección xeral de Fraternidad Muprespa está a promover un convenio coa Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos - ATA, que preside Lorenzo Amor Acedo.

Esta asociación, que conta con 410.000 autónomos e 455 organizacións sectoriais e territoriais, ten varias publicacións, en papel e dixitais, e no último número da revista "Autónomos" que dirixe o periodista Alfonso Tulla, incluíu este anuncio ad hoc de Fraternidad Muprespa, mutua que quere dedicar aos traballadores por conta propia a atención que merecen, xa que, como se sabe, dende 2003 os autónomos teñen cuberta (voluntariamente) a Incapacidade Temporal e dende 2004, as continxencias profesionais (accidentes de traballo e enfermidades profesionais), a través do Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social (RETA), coberturas que deben ser xestionadas por mutuas de accidentes de traballo.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016