fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

ATA AGRADECE O APOIO DE FM

17/02/2006, FM, 

ATA AGRADECE O APOIO DE FM

A Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) entrega un distintivo a Fraternidad Muprespa para amosar a súa gratitude polo apoio prestado nos últimos anos.

Con motivo do seu X Aniversario, a Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) quixo amosar o seu agradecemento a persoas e institucións que prestan apoio ao seu labor, entre as que se atopa a mutua Fraternidad Muprespa. O Director Xeral adxunto, D. Francisco L. Francés, recolleu un cordobán conmemorativo da man do Secretario de Estado da Seguridade Social, D. Octavio Granado.

No acto, celebrado recentemente en Córdoba, fíxose entrega do premio da IV Edición de “Autónomo do Ano” ao Comité de Expertos que en 2005 elaborou o Informe sobre o Estatuto do Traballador Autónomo, galardón instituído pola Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016