fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

AMAT CREA UN DISTINTIVO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL PARA EMPRESAS

13/03/2006, FM, 

AMAT CREA UN DISTINTIVO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL PARA EMPRESAS

A Asociación de Mutuas de Accidente de Traballo (AMAT), creou un Distintivo de Seguridade e Saúde Laboral dirixido a motivar ás empresas españolas a mellorar os seus resultados de sinistralidade no traballo.

Baixo a denominación de Garantía AMAT a Asociación de Mutuas de Accidentes de Traballo, AMAT, creou un Distintivo de Seguridade e Saúde Laboral dirixido a motivar ás empresas españolas a mellorar os seus resultados en materia de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais.

O distintivo garante que as empresas que o obtiveron tiveron nos últimos tres anos un índice de accidentalidade medio inferior ao índice medio do seu sector de actividade, e que no tiveron accidentes de traballo mortais nos trinta e seis meses inmediatamente anteriores á súa concesión.

Este distintivo poderano solicitar as empresas a través do enderezo web www.garantiamat.es , e se o obteñen, coa súa utilización poderán manifestar publicamente a súa preocupación e bos resultados en sinistralidade laboral.

As empresas poderán facer uso do distintivo tal e como se utilizan outros selos de calidade e ambiente, é dicir, imprimíndoo na súa papelería, nos envases e embalaxes dos seus produtos, requiríndoo nas cláusulas de contratos, etc.

Este Distintivo de Seguridade e Saúde Laboral concíbese como algo que é moito máis que un símbolo , é un deber moral, unha aspiración irrenunciable para todo empresario, que sen dúbida servirá como un factor máis a considerar polos posibles, e xa existentes, clientes e traballadores nas súas relacións laborais e comerciais coa empresa. Neste sentido a Garantía AMAT vai dirixida a facilitar a materialización de estratexias competitivas, aumentando a diferenciación da empresa que obtivo o distintivo fronte aos seus competidores, e implicitamente, reducindo os custos directos e indirectos derivados dos accidentes de traballo.

A Garantía AMAT pretende inducir ás empresas a que integren a prevención de riscos laborais na súa xestión e a conseguir unha redución dos accidentes de traballo e das enfermidades profesionais. Así mesmo, no caso de que a empresa xa acadase os obxectivos e xa dispuxese do distintivo, preténdese inducir ás empresas a que realicen todo o necesario para poder continuar utilizándoo.

A Garantía AMAT ten unha validez anual a partir da data da súa expedición, e pasado este prazo, a empresa deberá solicitar a renovación da mesma se desexa seguir utilizándoa, para o que se avaliará se se cumpren os requisitos nese momento para a súa concesión.

Para promocionar a solicitude voluntaria por parte das empresas da Garantía AMAT , así como para producir un efecto encadeado entre clientes-provedores que dispoñan do distintivo, AMAT está a realizar unha campaña informativa co fin de dotar ao mesmo dunha connotación positiva e recoñecemento entre empresarios, traballadores e sociedade.

Cando a aplicación informática dispoña de todos os datos da empresa, avaliará a situación da mesma e, no caso de que cumpra cos requisitos, concederíaselle a utilización do Distintivo de Seguridade e Saúde Laboral , nas formas, termos e condicións que se sinalan na sección correspondente do enderezo web www.garantiamat.es. Nesta web existe un apartado no que se irán agregando automaticamente os datos de contacto das empresas que obteñan o distintivo, no caso de que estean interesadas, e que poderán segmentarse mediante filtros de actividade económica e provincia.

A promoción deste Distintivo de Seguridade e Saúde Laboral que xa se iniciou ten previsto:

Promoción entre asociacións empresariais e empresarios, para o que se elaboraron carteis.
Convocatoria de roldas de prensa e emisión de notas de prensa.
Inserción de anuncios e artigos en revistas dirixidas a empresarios.
Inserción de publicidade en portais de Internet e Web dirixidos a empresarios.
Páxina Web informativa do programa.
Accións de Márketing Directo, dirixidas a máis de 250.000 empresarios.
Colocación dun posto no aeroporto de Barajas para a promoción do distintivo.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016