fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

XORNADA 16 DE XANEIRO DE 2007 - NOVA LISTA DE ENFERMIDADES PROFESIONAIS

28/12/2006, Fraternidad-Muprespa, 

O pasado día 16 de decembro publicouse no BOE o RD 1299/2006 polo que se aproba un novo cadro de Enfermidades Profesionais e se establecen criterios para a súa notificación e rexistro. Esta norma entra en vigor o día 1 de xaneiro de 2007.

A importancia da norma e o carácter novo da mesma aconsellan a realización dunha Xornada como esta na que se vai analizar o seu contido dende diferentes puntos de vista, por parte de auténticos especialistas na materia. Tamén coñeceremos o punto de vista da Administración e dos axentes sociais.

Aproveitaremos a xornada para presentar o libro “Nueva regulación de las enfermedades profesionales” de D. Juan López Gandia, Catedrático de Dereito do Traballo da Universidade de Valencia, e do Dr. Javier Aguado Díaz, especialista en Medicina do traballo e Xefe de Saúde Laboral de Telefónica de España SAU.

A Xornada vai dirixida a empresarios, Directores de Recursos Humanos, de Prevención de Riscos Laborais, Avogados, Graduados Sociais, Inspectores de Traballo, Técnicos de Prevención de Riscos Laborais, Médicos Asistenciais e de Medicina do Traballo, Delegados de Prevención e, en xeral, a todas aquelas persoas que desenvolven a súa actividade directa ou indirectamente no mundo da sinistralidade laboral.

A xornada sobre a "Nueva lista de Enfermedades Profesionales" realizarase no Palacio de Congresos da Castellana (Sala Unesco) e a asistencia terá carácter gratuíto.

Os asistentes recibirán o libro “Nueva Regulación de las Enfermedades Profesionales” do que son autores D. Juan López Gandia e D. Javier Aguado Díaz, relatores das xornadas.

Contamos coa súa asistencia e agradecémoslle de antemán a súa participación.


Rógase confirmar asistencia e achegar datos de inscrición.

Teléfonos: 91 395 68 74 (Rosa Ruiz); 91 395 68 78 (Pilar Mulero)
Fax: 91 399 37 07

Descargue aquí o Díptico de presentación da xornada que inclúe o programa do evento.

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016