fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

NOVA VERSIÓN DA APLICACIÓN PAT2003 - FEBREIRO 2007

05/02/2007, Fraternidad-Muprespa, Dpto. Prestacións Económic
Atópase dispoñible para a súa descarga dende a Web de Fraternidad unha nova versión do aplicativo PAT2003, utilizado para traballar cos correos do servizo ePAT e a xeración de remesas para o sistema Delt@. Esta versión da aplicación inclúe un novo instalador co que xa non é necesario dispoñer da versión en CD-ROM (aínda que permite a súa actualización dende calquera outra versión).

Fraternidad pon á súa disposición de forma totalmente gratuíta o aplicativo PAT2003 completo para a súa descarga. Para máis información sobre o aplicativo PAT2003 e o servizo ePAT prema aquí.

As melloras incluídas nesta nova versión son as seguintes:
  • Actualización dos novos topes de cotización establecidos na Orde TAS 31/2007 publicada no BOE. 19/01/2007.
  • Inclusión do teléfono de atención do Call Center para problemas relacionados con Delt@ e PAT2003.
  • Melloras na validación no nome do Centro Hospitalario.
Para descargar a aplicación PAT2003 prema aquí.
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016