fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

28 DE ABRIL 2008. DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO

08/04/2008, Fraternidad-Muprespa, Dpto. de Prevención de AT y EP

28 de abril 2008

Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo: "Boa saúde laboral para todos os traballadores"

Dende 1996 os sindicatos a nivel mundial veñen conmemorando o día 28 de abril de cada ano ás vítimas que sofren algún accidente de traballo e/ou algún tipo de enfermidade profesional.

A OIT, co seu carácter tripartito, aceptou esta iniciativa e converteuna nunha Xornada anual a nivel mundial, promovida para chamar a atención sobre os accidentes e enfermidades provocadas polo traballo, para a súa redución e eliminación.

A partir do ano 1999 e a proposta da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, por Orde do 30 de marzo de 1999, o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do noso país estableceu o Día da Seguridade e Saúde no Traballo o 28 de abril de cada ano.

Arredor da devandita data, as diversas organizacións convocantes a nivel nacional e internacional realizan declaracións, promoven diversos tipos de actos e propoñen e desenvolven actividades, que leven á reflexión de todos os cidadáns e das institucións e organizacións máis relacionadas co problema.

Neste sentido, cada ano as organizacións centran as súas chamadas de atención nun tema ou nun número reducido de temas de seguridade e saúde no traballo que consideran especialmente significativos no ámbito mundial.

A información e a máxima extensión da conmemoración deben cumprir un papel crucial en todas as actividades xa que a intención prioritaria é chegar ao máximo número de persoas e institucións, para fomentar a preocupación por este problema e para impulsar as medidas que conduzan á súa solución. A elección de lemas ten o propósito de sintetizar o obxectivo nunha mensaxe que permita a máxima eficacia comunicativa no resultado perseguido.

Este ano 2008 a Oficina Internacional do Traballo (OIT) elixiu promover o lema: "A miña vida, o meu traballo, o meu traballo en seguridade - Xestión do risco no medio laboral", e a Organización Mundial da Saúde (OMS) e a Confederación Sindical Internacional (CSI) "Boa saúde laboral para todos os traballadores".

Fraternidad Muprespa, dentro das súas actividades relacionadas coa prevención de riscos laborais, vén adheríndose ao sentido desta conmemoración dende hai varios anos e realizando actividades de promoción da saúde laboral de carácter divulgativo.

Ligazóns de interese:

Descargue o cartel do evento dende aquí

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016