fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

FONDOS DE ESCRITORIO GRATUÍTOS (OUTONO)

06/10/2008, Fraternidad-Muprespa, Área Web e Deseño

FONDOS DE ESCRITORIO GRATUÍTOS (OUTONO)

Como terá percibido a través da nosa páxina Web, en Fraternidad Muprespa preocupámonos por intentar ser prácticos, gústanos especialmente o bo deseño e sobre todo somos amantes e defensores da natureza. Mesturando estas 3 ideas que a priori pouco teñen que ver unhas con outras, naceu un novo produto que poñemos á súa disposición.

Trátase duns vistosos e elegantes fondos de escritorio baseados nos motivos naturais que estación a estación inundan a nosa páxina Web. Nestes incluímos un práctico calendario dos meses da estación en curso (neste caso Outono) que lle facilitan a visualización rápida do calendario actual cun sinxelo clic do rato.

A continuación pode descargarse o paquete de calendarios correspondente á súa resolución de pantalla:

 FONDOS DE ESCRITORIO de Fraternidad Muprespa (versión especial para a estación de outono)  

Unha vez descargados e descomprimidos os arquivos no seu ordenador, poderá usalos como fondo de escritorio, tras premer co botón dereito do seu rato sobre calquera deles e seleccionar a opción "Establecer como fondo de escritorio"...

1. Fondos de escritorio para monitores cunha resolución de 800x600 píxeles Descargar
2. Fondos de escritorio para monitores cunha resolución de 1024x768 píxeles Descargar
3. Fondos de escritorio para monitores cunha resolución de 1280x1024 píxeles Descargar

¡Esperamos que sexa do seu agrado e utilidade!

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016