fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

ÁGORA DA ESTRATEXIA ESPAÑOLA DE SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO

02/04/2009, AESPLA, conxuntamente co Ministerio de Traballo e Inmigración

ÁGORA DA ESTRATEXIA ESPAÑOLA DE SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO

DATOS DO EVENTO

A evolución da normativa en materia de prevención de riscos laborais e a súa repercusión sobre a sinistralidade no noso país aconsellou dotar o Estado dunha ferramenta que se denomina Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo (2007-2012). Na aplicación da Estratexia bótanse en falta dous aspectos de grande importancia: a comunicación axeitada á poboación xeral da marcha dos traballos e o coñecemento de opinións directas das persoas que viven o día a día da prevención e dos seus efectos.

AESPLA, Asociación Española de Servicios de Prevención Laboral, da que Fraternidad Muprespa é unha das súas 22 empresas asociadas, desenvolveu unha idea que pode dar solución a esta carencia, ata o punto de ser ben acollida polas autoridades competentes do Ministerio de Traballo e Inmigración. Basicamente, trátase de organizar, de forma periódica, encontros (denominados ÁGORA, en alusión ao esquema que seguían na antiga Grecia) nos que os axentes que interveñen no desenvolvemento da estratexia poñan sobre a mesa os logros acadados ata o momento, e as propostas que lles levaron a eles, así como as ideas de futuro.

Ao público interesado, bríndaselle a oportunidade de participar de dúas formas: enviando, antes do evento, os aspectos que máis lle interesen (www.agoraprevencion.com) e, durante a súa realización, intervindo nun coloquio cos relatores e o resto de asistentes.

O Ministerio poderá así recoller as conclusións para telas en conta no desenvolvemento dos traballos da Estratexia e os asistentes coñecerán, en tempo real, os enfoques e as solucións previstas para os problemas que a Estratexia pretende resolver.

Ministerio e Asociación consideran que esta aproximación á primeira liña de xestión da prevención achegará melloras cualitativas e maior seguridade á hora de interpretar as normas que a rexen.

O ÁGORA terá lugar durante os días 26 e 27 de maio, coincidindo con LABORALIA, a feira integral da prevención, protección e seguridade e saúde laboral; un referente feiral nacional onde se exporán as últimas novidades en materia de prevención de riscos laborais.

Esperamos contar coa súa presenza.

Achégase o programa do evento.

Motivo:
ÁGORA DA ESTRATEXIA ESPAÑOLA DE SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO
Organizador:
AESPLA, conxuntamente co Ministerio de Traballo e Inmigración
Data:
26 e 27 de maio de 2009
Lugar:
Centro de Eventos de Feria Valencia. Avda. de las Ferias s/n. 46035 Valencia
Documentación asociada:
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016