fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

INAUGURACIÓN DA NOVA SEDE E CENTRO ASISTENCIAL DA MUTUA EN MURCIA

24/11/2009, Fraternidad-Muprespa, Dirección provincial de Murcia
DATOS DO EVENTO  

O pasado 24 de novembro de 2009 inaugurouse oficialmente o novo centro asistencial e de xestión da Mutua Fraternidad Muprespa en Murcia - situado na Avenida Miguel de Cervantes, 45. Un espazo de máis de 1.300 m2, en dúas alturas, onde destaca a funcionalidade e a distribución das novas áreas sanitarias e de rehabilitación.

O Director Xeral da Mutua Fraternidad Muprespa, Fernando Eguidazu, dedicou unhas palabras de benvida e agradecemento a todos os asistentes: autoridades presentes, empresas mutualistas, colaboradores e traballadores do centro, resaltando a aposta e compromiso decididos da Mutua por potenciar os servizos asistenciais e de xestión das continxencias en Murcia. A continuación, o Secretario Xeral da Delegación do Goberno o Ilustrísimo Sr. Don Juan José Camarasa, tras recoñecer a importancia de contar cun centro destas características en Murcia, declarou inauguradas as novas instalacións.

Para finalizar, o Director Provincial da Mutua en Murcia, Alejandro López-Briones, dedicou unhas palabras de agradecemento aos empregados, empresas, colaboradores e representantes da Administración Pública pola súa presenza e contribución á realización de tan magníficas instalacións; antes de que os máis de 200 asistentes puidesen percorrer e comprobar os excelentes medios e recursos con que conta este importante centro.

 

Motivo:
INAUGURACIÓN DA NOVA SEDE E CENTRO ASISTENCIAL EN MURCIA
Organizador:
FRATERNIDAD-MUPRESPA. Dirección provincial de Murcia
Data:
Martes, 24 de novembro de 2009
Lugar:
Avda. Miguel de Cervantes, Nº 45
Imaxe do evento:
Inauguración da nova sede de Fraternidad Muprespa en Murcia

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016