fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

FRATERNIDAD MUPRESPA PARTICIPA NO 2010 ANO INTERNACIONAL DA BIODIVERSIDADE BIOLÓXICA

20/02/2010, Fraternidad-Muprespa, Fraternidad Muprespa

O respecto e protección do medio ambiente é un aspecto ao que, en Fraternidad Muprespa, sempre damos especial importancia; e respecto ao que mantivemos un compromiso activo constante. A iniciativa da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, que declarou o ano 2010 como "Ano Internacional da Diversidade Biolóxica (AIB) ", parécenos de vital importancia para tomar conciencia sobre a realidade do noso planeta. Para iso, dende a mutua de accidentes de traballo, queremos apoiar e divulgar a proposta da ONU a favor de "aumentar a concienciación sobre a importancia da biodiversidade en todo o mundo".

A diversidade biolóxica é vida

A diversidade é a nosa vida

2010 Ano Internacional da Diversidade Biolóxica - Fraternidad Muprespa - Mutua de accidentes de Traballo e Enfermidades profesionais

Aproveitando a nosa web corporativa, como punto de encontro diario de miles de profesionais e empresas, gustaríanos servir para difundir a mensaxe desta iniciativa. E para iso, durante o 2010, faremos uso das habituais imaxes que acompañan a web, así como do resto de produtos electrónicos dispoñibles a través desta (salvapantallas e fondos de escritorio), para mostrar numerosas especies en risco de extinción. Dende Fraternidad Muprespa esperamos que estas imaxes sirvan para que toda aquela persoa que as vexa tome un conciencia por un momento sobre a realidade do noso planeta e reflexione sobre as pequenas accións do día a día coas que pode axudar a melloralo.

Invitámolo a informarse ao respecto, reflexionar e divulgar esta mensaxe.

Existen numerosos organismos involucrados aos que pode referirse para informarse en detalle e participar activamente nas súas iniciativas. Se desexa máis información...


CELEBRANDO 2010

FM PARTICIPA...

ESPECIES EN RISCO

RECURSOS


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016