fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

FRATERNIDADE MUPRESPA COLABORA NO PROXECTO CREIF PARA A SEGURIDADE DO PERSOAL DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

09/04/2010, Fraternidad-Muprespa, Dpto. Prevención AT y EP

O proxecto de investigación CREIF nace do interese da empresa de Transformación Agraria (TRAGSA) e da Mutua Fraternidad-Muprespa en promover a investigación dos riscos e factores condicionantes das formas de traballo que poden afectar a saúde do Persoal Especialista en Extinción de Incendios Forestais (PEEIF), co obxecto de mellorar as súas condicións de traballo, garantir a seguridade destes e redundar no seu benestar laboral, a través do estudo e cuantificación dos aspectos que poden repercutir nestes.

MUTUA FRATERNIDAD MUPRESPA - PROXECTO DE INVESTIGACIÓN CREIF

Para o desenvolvemento do proxecto, como parte fundamental do estudo, analizouse o adestramento físico, monitorización cardíaca e gasto enerxético durante os labores de extinción, o rexistro de parámetros ambientais xerados durante o incendio (temperatura soportada, calor recibida, fume inhalado...), a deshidratación alcanzada e o estudo ergonómico sobre os equipamentos e ferramentas utilizadas.

Este estudo deu pé a varios traballos e publicacións científicas entre as que se destacan as seguintes:

  • "Arquivos de Medicina do Deporte",
  • "Estrés térmico e intensidade de traballo do persoal especialista na extinción de incendios forestais (PEEIF)",
  • "Sobreesforzo en persoal especialista en extinción de incendios forestais (PEEIF)" e
  • "Prevención. Revista técnica de seguridade e saúde laborais";

Tamén tivo presenza en varios congresos nacionais e internacionais entre os que paga a pena mencionar:

  • VI Congreso Internacional de Prevención de Riesgos Laborales. ORP 2008 (A Coruña),
  • II Congreso de Prevención de Riesgos Laborales 2008 (Madrid),
  • V Congreso Internacional de Prevención de Riesgos Laborales. ORP 2007 (Santiago de Chile),
  • Congreso y Exposición Internacional de Protección Ciudadana, Seguridad y Transporte de Emergencias. PROTEC 2007 (León),
  • 4° Internacional Wildland FIRE Conference 2007 (Sevilla),
  • XII Congreso nacional de la Federación Española de Medicina del Deporte. Femede 2007 (Sevilla),

Así como foi a base para a tese doutoral "Influencia da condición física en relación coa saúde e rendemento do persoal especialista en extinción de incendios forestais" de D. Jorge López Satué da Facultade de Ciencias da actividade física e do deporte da Universidade de León.

Este proxecto subscrito e posto en marcha pola Empresa de Transformación Agraria, S.A. TRAGSA) e a mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais Fraternidad Muprespa, conta co apoio da Área de Defensa contra Incendios Forestais pertencente á Dirección Xeral de Medio Natural e Política Forestal do Ministerio de Medio Ambiente e Medio rural e Mariño, e foi desenvolvido polo Grupo de Investigación VALFIS (Valoración da condición física en relación coa saúde, o adestramento e o rendemento deportivo) do Departamento Educación Física e Deportiva e do Instituto de Biomedicina da Universidade de León.

Logotipo TRAGSATRAGSA, empresa matriz do grupo TRAGSA, constituído en 1977 e con implantación en toda a xeografía nacional, realiza as súas actuacións en materia de desenvolvemento do medio rural, conservación da natureza e prestación de servizos de emerxencia, orixinados por catástrofes naturais ou accidentes climáticos, por encarga das diferentes administracións dende hai máis de 30 anos. As súas actividades, baseadas nun compromiso co desenvolvemento sostible, tratan de incrementar a calidade de vida dos habitantes das zonas rurais e litorais, a partir dunha explotación racional dos recursos naturais e o uso de tecnoloxías modernas, eficaces e respectuosas co ambiente.



 Páxina Web do Proxecto CREIF:

 Artigo - Sobreesforzo en PEEIF:

 Póster - Estrés térmico e intensidade de traballo do PEEIF:


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016