fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

ASESORAMENTO A EMPRESAS EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS: OFERTA EDUCATIVA 2011

21/01/2011, Fraternidad-Muprespa, Depto. de Prevención de AT e EP

A Orde TAS/3623/2006 do 28 de novembro do 2006 pola que se regulan as actividades preventivas no ámbito da Seguridade Social e o financiamento da Fundación para a Prevención de riscos laborais establece que as mutuas poderán desenvolver actividades de prevención dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais a favor das empresas asociadas e dos seus traballadores e tamén para os traballadores por conta propia adheridos a elas que teñan cubertas estas continxencias.

O marco das devanditas actuacións permitidas ás mutuas en materia de prevención de riscos laborais, desenvolvido pola Resolución do 31 de xullo, da Secretaría de Estado da Seguridade Social, pola que se determinan as actividades preventivas a realizar polas mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social durante o ano 2008, conta, entre outras, con actividades destinadas á divulgación, educación e sensibilización das empresas en prevención de AT e EP.

A oferta educativa 2011 publicada, forma parte das actividades de asesoramento en materia de Prevención de Riscos Laborais que Fraternidad Muprespa desenvolve para a prevención dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais das empresas asociadas, na súa condición de colaboradora na xestión da Seguridade Social.

Esta programación do 2011 está dirixida preferentemente a pequenas empresas e a empresas e sectores cos maiores indicadores de sinistralidade, aos seus traballadores dependentes e aos traballadores por conta propia adheridos que teñan cubertas as continxencias profesionais, a fin de promover unha cultura preventiva, que garanta no desenvolvemento do traballo un comportamento seguro, a correcta utilización de equipos de traballo e de protección colectiva e individual, así como fomentar o interese e cooperación na acción preventiva no seo da súa empresa para que, tanto os mandos como os traballadores, asuman que a prevención de riscos laborais é esencial para o logro dun traballo ben feito.

A realización por parte da empresa de calquera das accións que contén a Oferta Educativa non substitúe a formación que o empresario está obrigado a impartir aos seus traballadores en cumprimento da Lei de Prevención de Riscos Laborais (Art. 19.1).

Tipo de actividades ofertadas:

CALENDARIO DE ACTIVIDADES DA OFERTA EDUCATIVA 2011

SOLICITUDE DE ASISTENCIA

Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016