fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

COA VERSIÓN DIXITAL VOLVEMOS Á EDICIÓN DA REVISTA LA MUTUA!

24/01/2011, Fraternidad-Muprespa, Depto. de Prevención de AT e EP

Este número 22, en formato exclusivamente dixital, retoma a publicación da revista "La Mutua". Este número, o décimo cuarto e último desta segunda etapa, pon o broche final aos máis de 150 artigos e outros tantos autores que dende 2002 deron vida á revista.

Co título A SEGURIDADE NO TRABALLO: A ORIXE DA PREVENCIÓN presentamos hoxe catorce traballos que nos falan da seguridade en diferentes sectores de actividade:

   - A minaría co artigo de Javier Madera, Manuel Martínez e outros.

   - A siderurxia onde da man de López Carrascosa, Menéndez e García

   - Naranjo
se nos conta a historia da seguridade na antiga Ensidesa.

   - José Antonio Lagares fálanos dos Estaleiros e os riscos de síntese.

   - O sector eléctrico dende o punto de vista de Endesa.

   - E tamén nas Obras públicas e na Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos.

Destacamos tamén polo seu traballo de investigación a Emili Castejón co seu artigo A Seguridade no traballo: evolución e retos actuais e a Antonio Muñoz Muñoz que dende o seu artigo A seguridade industrial. Evolución e situación actual nos dá o punto de vista do Ministerio de Industria.

Do método Feedback aplicado ao estudo da seguridade de máquinas fálannos Stefano Boy e Ulrico Bamberg.

E temos dous traballos máis relacionados cos accidentes de traballo e as enfermidades profesionais. O primeiro de Alejo Fraile e o segundo de Pablo López Calle.

Mención especial ten o traballo realizado polo Departamento de Educación Física e deportiva da Universidade de León, Tragsa e Fraternidad  Muprespa reflectido no artigo Sobreesforzo en persoal especialista en extinción de incendios forestais (P.E.E.I.F.) que foi premiado en varias ocasións. E cuxo premio recibido foi o Batefuegos de Oro 2010 á mellor investigación sobre a condición física, fatiga e rendemento do persoal das brigadas forestais de extinción.

Sen esquecer o noso Observatorio cun artigo sobre a apnea do sono.

Esperamos que sexa do seu agrado.

Revista La Mutua n°22


Ver o novo número publicado da revista

Quero subscribirme á revista "La Mutua"

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016