fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

3 DE CADA 4 PERSOAS CONSIDERA QUE A NOVA LEI DO TABACO MELLORA AS CONDICIÓNS DE TRABALLO DOS TRABALLADORES

03/02/2011, Fraternidad-Muprespa, Departamento de Comunicación e Servizo a asociados

En Fraternidad Muprespa temos como reto constante a vontade de coñecer a opinión e necesidades dos nosos mutualistas co obxecto de tratar de ofrecerlles cada día un mellor servizo. Como iniciativa para dar forma a esa vontade puxemos en marcha no noso portal web corporativo (http://www.fraternidad.com) un espazo que, co formato dunha sinxela pregunta con resposta múltiple, nos permita coñecer  a opinión e sentimento respecto a temas de especial interese.

Nesta ocasión, preguntamos a todos os visitantes do noso portal web a opinión que lles merece a implantación en España da nova Lei 42/2010 que regula o consumo de tabaco, a cal afecta de xeito directo ás condicións de traballo de numerosos traballadores. Os resultados da devandita enquisa revelan que o 74 % dos participantes considera favorable a nova Lei, dos cales o 55% opina que esta é especialmente útil porque abrangue moitos ámbitos, e o 19% indica que, aínda que é útil, é útil principalmente en sectores moi específicos como a restauración e hostalaría.
Por outro lado, do 26% de participantes que dubidan sobre a utilidade da nova Lei, o 22% pensa que a anterior Lei era suficiente e o 4% restante que non será útil porque non se vai cumprir.

Estes datos poñen de manifesto a importancia e boa aceptación que teñen aquelas medidas que tratan de regular aspectos que afectan directamente ás condicións laborais dos traballadores, mellorándoas.

Gráfico da enquisa


ENQUISAS NA MUTUA FRATERNIDAD MUPRESPA

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016