fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

FRATERNIDAD MUPRESPA E MUTUA UNIVERSAL ASINAN UN ACORDO DE COLABORACIÓN PARA COMPARTIR CENTROS ASISTENCIAIS

01/03/2011, Fraternidad-Muprespa, Departamento de Comunicación e Servizo a asociados

A Mutua Fraternidad Muprespa e Mutua Universal asinaron un acordo, aprobado polo MTIN o pasado 7 de febreiro,

para a utilización de centros asistenciais alí onde Fraternidad Muprespa non dispoña de centro asistencial propio.

Deste xeito os traballadores asociados a ambas as mutuas, en caso de sufrir un accidente laboral, poderán acudir tanto aos nosos centros asistenciais como aos centros da Mutua Universal referidos todos en: http://www.fraternidad.com/mobile/mutua-Fraternidad-Muprespa-Red-centros.html.

Os trámites que sexan necesarios manter coa empresa do traballador accidentado serán sempre realizados pola mutua coa que a empresa estea asociada. Este convenio entrará en vigor con data 1 de marzo de 2011.

Seguimos traballando así na liña que propón o Ministerio de Traballo e Inmigración de optimizar os recursos propios das Mutuas mediante acordos de colaboración para a dispensa da asistencia sanitaria, como o xa subscrito con ASEPEYO dende xullo de 2009.

Para maior información pode contactar coa súa delegación provincial, centro asistencial ou a través da nosa web en "Contacte connosco".


REDE DE CENTROS DA MUTUA FRATERNIDAD MUPRESPA

ACORDO DE COLABORACIÓN CON ASEPEYO

CONTACTE CONNOSCO

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016