fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

XORNADA EN VALLADOLID SOBRE SERVIZOS ELECTRÓNICOS PARA COLABORADORES

04/03/2011, Fraternidad-Muprespa, Dir. provincial Valladolid

O pasado 3 de marzo Fraternidad Muprespa celebrou en Valladolid unha xornada técnica sobre os servizos electrónicos dispoñibles a través do seu portal Web corporativo e Extranets. A xornada contou cunha numerosa e activa participación dos colaboradores da mutua de accidentes na provincia. No acto interviñeron Pedro Serrera, subdirector xeral de Informática e Sergi Frontons, director do Departamento de Desenvolvemento Mutual. Ao final do encontro, o director provincial de Valladolid, Jacobo Baró, informou acerca da marcha da mutua en Valladolid, así como das novidades normativas relacionadas co sector.

Estas charlas nacen da vontade de Fraternidad Muprespa, mutua pioneira no sector no uso das máis modernas tecnoloxías da información, por difundir entre os colaboradores e as empresas os eficaces servizos electrónicos que teñen á súa disposición.

  • ¡NOVO!  Consulta de datos de traballadores autónomos da súa carteira.  Xa pode consultar os datos de adhesión e cotizacións dos traballadores por conta propia da súa carteira.
  • ¡NOVO!  Acceso con DNI electrónico. Acceda á información restrinxida coa máxima seguridade, use o seu DNI electrónico. ¡A seguridade no acceso á información é unha prioridade nos nosos sistemas! 
  • ¡NOVO!  Portal do paciente.  Como traballador protexido, poderá acceder á información das asistencias realizadas en Fraternidad Muprespa e descargarse as súas radiografías, resonancias ou informes.

 

XORNADA en Valladolid sobre servizos a colaboradores.

CONTIDOS E SERVIZOS WEB

ACCESO A EXTRANET DE SERVIZOS

SOLICITUDE DE USUARIO DE ACCESO

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016