fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

XORNADA SOBRE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN LEÓN CON MOTIVO DA EXPOSICIÓN TRABALLO E SAÚDE: DENDE A PROTECCIÓN Á PREVENCIÓN

04/03/2011, Fraternidad-Muprespa, Dpto. Prevención AT e EP

A Fundación Francisco Largo Caballero, a Mutua Fraternidad-Muprespa e o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo realizaron unha exposición itinerante que leva por título: "Traballo e saúde. Dende a protección á prevención", co obxectivo de sensibilizar da importancia da prevención e a protección no traballo.
A exposición fai un percorrido ao longo da historia analizando as mobilizacións obreiras que modificaron a lexislación social, as condicións de traballo e o coidado da  saúde chegando aos avances lexislativos e sociais producidos nestes últimos anos.

Con motivo da itinerancia na cidade de León, os organizadores e promotores desta realizarán o vindeiro 14 de marzo, unha xornada sobre Prevención de Riscos Laborais que terá lugar na Sede de UXT, Gran Vía de San Marcos, 31, 24001-León. O acceso á xornada é libre e gratuíto ata cubrir a capacidade.

 


LOCALIZACIÓN DO EVENTO

FOLLETO

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano,"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016