fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

FRATERNIDAD MUPRESPA PARTICIPA NO III ENCONTRO CO SECTOR PÚBLICO ORGANIZADO POLA FUNDACIÓN DINTEL

22/03/2011, Fraternidad-Muprespa, Subdirector xeral de Organización e Rede

O "Encontro co sector público" é un evento anual no que se presentan os proxectos e programas TIC (Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) do sector público estatal, autonómico e local; constitúe unha das principais referencias en TIC para todo o sector público. Está organizado pola Fundación Dintel, fundación sen finalidade de lucro de ámbito estatal dedicada á difusión das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

Na súa terceira edición, o Encontro contou coa participación de altas institucións do Estado: Congreso dos Deputados, Senado, Cortes de Castela e León, Tribunal de Contas e Consello Xeral do Poder Xudicial, con distintas consellarías e direccións xerais de varias comunidades autónomas e con varias entidades locais. Así mesmo, contou coa participación do Ministerio de Traballo e Inmigración, representado pola Xerencia de Informática da Seguridade Social e altos funcionarios da Xerencia.

D. Pedro Maestre Yenes, subdirector xeral de Organización e Rede, participou coa conferencia maxistral "Da navalla de Ockham ao cisne negro", na que detallou as mellores prácticas e metodoloxías no desenvolvemento de proxectos TIC.

D. Pedro Serrera Cobos, subdirector xeral de Sistemas de Información participou na clausura do evento, acompañando na mesa ao presidente das Cortes da Xunta de Castela e León e ao presidente da Fundación Dintel.


Datos do evento:

Motivo:
ENCONTRO CO SECTOR PÚBLICO "HORA DE FACER BALANCE E PRESENTAR PROGRAMAS"
Data:
13, 14 e 15 de marzo de 2011
Lugar:
Hotel REAL, Santander

Ir á web do evento
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016