fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

XORNADA EN ZAMORA DE FRATERNIDAD MUPRESPA, TGSS E INSS, SOBRE SERVIZOS E APLICACIÓNS WEB PARA COLABORADORES E MUTUALISTAS

22/03/2011, Fraternidad-Muprespa, Dir. provincial de Zamora

A Mutua organizou en Zamora, o pasado 17 de marzo, unha Xornada de presentación dos Servizos e Aplicacións Web de Fraternidad Muprespa para os colaboradores e mutualistas, organizado por dona Carmen Ujidos, directora provincial de Zamora.

A xornada contou cunha grande afluencia de público, que atendeu con grande interese a todas as presentacións, onde quedou patente o claro aliñamento entre as mensaxes da extranet da Seguridade Social e a de Fraternidad Muprespa.

Por parte do Ministerio, participaron o director provincial da TGSS e do INSS, D. José Luis Gómez Rodríguez, e o responsable de Rede, D. Serafín Crespo González, que expuxeron a Sede Electrónica da Seguridade Social.

En relación cos Servizos e Aplicacións Web de Fraternidad Muprespa, participaron o subdirector xeral de Sistemas de Información, D. Pedro Serrera Cobos, e o director do Departamento Mutual, D. Sergi Frontons Isern. Por último, e falando das novas prestacións da MATEPSS, interveu D. Julio Santos Palacios, en calidade de director de Relacións coa Rede.

Xornada en Zamora para os nosos colaboradores e mutualistas: Presentación dos Servizos e Aplicacións Web de Fraternidad Muprespa


LOCALIZACIÓN DO EVENTO

PROGRAMA DO EVENTO

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016