fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

28 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO

04/04/2011, Fraternidad-Muprespa, Dpto. Prevención AT e EP
  PREVENCIÓN, UNHA FERRAMENTA PARA A MELLORA CONTINUA

28 abril 2011 - Unha ferramenta para a mellora continua

Detalle do cartel do 28 de abril de 2011 da mutua Fraternidad Muprespa

CONMEMORACIÓN DO 28 DE ABRIL

Dende 1996, os sindicatos a nivel mundial veñen conmemorando as vítimas dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais o día 28 de abril de cada ano.

A partir do ano 1999, e por proposta da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, por Orde do 30 de marzo de 1999, o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do noso país estableceu como Día da Seguridade e Saúde no Traballo o 28 de abril de cada ano.

Dende o ano 2003, a OIT, organización internacional de carácter tripartito, aceptou a iniciativa das organizacións sindicais e converteuna nunha Xornada anual a nivel mundial, promovida para chamar a atención sobre os accidentes e enfermidades provocadas polo traballo e para a súa redución e eliminación no mundo.

Arredor desta data centos de organizacións a nivel nacional e internacional realizan declaracións, promoven diversos tipos de actos e propoñen e levan a cabo actividades que leven á reflexión de todos os cidadáns e das institucións e organizacións máis relacionadas co problema.

A información e a máxima extensión da conmemoración deben cumprir un papel crucial en todas as actividades, xa que a intención prioritaria é chegar ao máximo número de persoas e institucións, para fomentar a preocupación e acción ante este problema e para impulsar as medidas que conduzan á súa solución. A elección de lemas ten o propósito de sintetizar o obxectivo nunha mensaxe que permita a máxima eficacia comunicativa no resultado que se persegue.

CARTEL DE FRATERNIDAD MUPRESPA PARA O 28 DE ABRIL

Nun día tan especial para Fraternidad Muprespa como é o día 28 de abril (día mundial da seguridade e a saúde no traballo), é importante que todas as partes implicadas, tanto traballadores coma empresarios, así como os diferentes organismos, tomemos conciencia da necesidade de usar todos os medios dispoñibles para aplicalos na prevención laboral.

Traballando dende o lema da OIT "Sistema de xestión da SST: unha ferramenta para a mellora continua" e a necesidade de poñer todos os medios necesarios para a prevención no contorno laboral, créase o cartel. A temática e deseño do cartel de Fraternidad Muprespa para o día 28 de abril para este ano 2011 formouse a partir do lema "Prevención, unha ferramenta para a mellora continua". Para transmitir esta idea decidiuse dar cor a unha persoa e presenza ao seu cerebro, onde este foi substituído pola palabra "Prevención", que chama especialmente a atención do espectador. Desta forma tan simple visualmente e, pretendemos, orixinal, é como se quixo plasmar a importancia do uso da prevención como unha ferramenta indispensable, e de mellora continua. O cartel sitúa a prevención ao nivel da ferramenta máis importante da que dispón a humanidade, o cerebro como ferramenta de mellora continua, e, por similitude, a prevención convértese nesta ferramenta.

A prevención pasa a ser unha parte do que denominaremos esquema corporal: o noso cerebro percibe as ferramentas como parte do propio corpo, ao darlles uso, e o cartel transmítenos a idea da unión necesaria entre prevención-persoa-ferramenta.


 Cartel do día mundial da seguridade e a saúde no traballo - Fraternidad Muprespa

 Cartel oficial do evento OIT

 A Organización Internacional do Traballo (OIT)

 Axencia Europea para a Saúde e a Seguridade no Traballo


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016