fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

TIVO LUGAR EN ALMERÍA UNHA XORNADA DE DIVULGACIÓN DA MUTUA FRATERNIDAD MUPRESPA (CAMPAÑA BONUS 2010)

27/04/2011, Fraternidad-Muprespa, Dpto. Prevención AT e EP

Froito da nosa aposta pola prevención de riscos laborais, o pasado día 14 de abril impartiuse na sala de formación da dirección provincial de Fraternidad Muprespa en Almería unha xornada informativa sobre o RD 404/2010, polo que se establece un sistema de redución nas cotizacións por continxencias profesionais para aquelas empresas que contribúan a unha redución eficaz dos accidentes laborais.

Os obxectivos da xornada, que foi presentada e impartida por D. Alfonso Gerez Miras, técnico en PRL da dirección provincial, foron, en primeiro lugar, explicar os requisitos necesarios para acceder ás devanditas bonificacións e, ademais, informar das vantaxes que ten para as empresas acceder anualmente a este sistema de bonificación.

Produciuse unha ampla asistencia de empresas asociadas e colaboradores de todas as zonas da provincia, que destacaron a importancia do Real decreto, xa que vai ser outro novo impulso para que as empresas sigan investindo en mellorar as condicións laborais dos traballadores.

A xornada pechouse pasado o mediodía, despois de varias horas de información e debate.

XORNADA DE DIVULGACIÓN CAMPAÑA BONUS 2010 EN ALMERÍA


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016