fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

TIVO LUGAR NAS PALMAS UNHA XORNADA DIVULGATIVA DE FRATERNIDAD MUPRESPA

29/04/2011, Fraternidad-Muprespa, Departamento de Comunicación e Servizo a asociados

Magnífica asistencia ás xornadas desenvolvidas nas Palmas de Gran Canaria por parte da Mutua na sede do CLUB NATACIÓN METROPOLE; asistiron máis de 60 persoas, entre colaboradores e empresas, ás que se sumaron diversas personalidades de institucións públicas: Xefe da Inspección de Traballo de Canarias, director provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TGSS) das Palmas, subdirectora provincial do INSS, xefa de Formación do Instituto Canario de Seguridade Laboral, xefa provincial do ODDUS (Oficina de dereitos de usuarios sanitarios), Consellaría de Sanidade do Goberno de Canarias, inspectora xefe da Unidade de Saúde Laboral, entre outros.

O director provincial de Fraternidad Muprespa, Carlos Macho, abriu o acto agradecendo a excelente asistencia e mencionou o Plan Estratéxico de Fraternidad Muprespa. Uno dos puntos fortes deste plan é o da comunicación, e transmitiu a intención da Mutua de potenciar este punto a través, por exemplo, destas xornadas. Tamén comentou a nova era da comunicación internauta e o interese da Mutua por seguir sendo pioneira neste medio (Internet, web corporativa, extranet e redes sociais). Mencionou tamén que estas serían unhas "Xornadas Limpas" nas que non se entregaría papel, debido ao noso compromiso co "Ano Internacional dos bosques", explicando brevemente de que consta este "Pacto Mundial"; en calquera caso, ofreceu facer chegar os relatorios por medio de CD, pendrive, etc.

Julio Santos, director do Departamento de Rede, falou das últimas reformas en Seguridade Social (risco por embarazo, cesamento de actividade de traballadores autónomos, prestación para pais de enfermidades graves de fillos); deseguido, explicou a extranet, con boa acollida por parte do público asistente.

Pedro Varona, técnico de Prevención de Canarias, tras a pausa e café, realizou un clarificador relatorio sobre o Sistema de redución de cotas a empresas que contribúen ao descenso da sinistralidade (BONUS).

Tras máis de tres horas de duración, pechouse a xornada cunha agradable reunión na terraza das piscinas do Club no que, xa máis relaxadamente, se aproveitou para conversar sobre a actual situación do Sector Mutualista no noso país.

XORNADA DE DIVULGACIÓN CAMPAÑA BONUS 2010 NAS PALMAS

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016