fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

TIVO LUGAR UNHA XORNADA DE DIVULGACIÓN DO BONUS EN SORIA

29/04/2011, Fraternidad-Muprespa, Departamento de Comunicación e Servizo a asociados

O pasado martes, 26 de abril, no salón de actos da Cámara de Comercio e Industria de Soria, tivo lugar, coa colaboración de Fraternidad Muprespa, una xornada informativa sobre o Real decreto 404/2010 do 31 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución de cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que contribuísen especialmente á diminución e prevención da sinistralidade laboral.

A xornada estivo aberta a empresarios, asesores laborais e persoas con responsabilidades no ámbito da xestión e da prevención de riscos laborais en empresas e institucións.

Expúxose o contido básico do Real decreto e tratáronse detalladamente os trámites necesarios para realizar as solicitudes da campaña 2010.

A xornada foi presentada por D.ª Carmen Rubio Valero, directora provincial de Fraternidad Muprespa en Soria, e como relator interveuD. José Luis Fernández Medina, técnico superior en prevención de riscos laborais.

Xornada de divulgación mutua Fraternidad Muprespa Soria

"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016