fraternidad.com
Urgencias: 900269269
Volver

TIVO LUGAR EN SEGOVIA UNHA XORNADA DIVULGATIVA DE FRATERNIDAD MUPRESPA E O COLEXIO OFICIAL DE GRADUADOS

03/05/2011, Fraternidad-Muprespa, Departamento de Comunicación e Servizo a asociados

O pasado xoves 28 de abril, na aula de formación do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Segovia, tivo lugar, coa colaboración de Fraternidad Muprespa, unha xornada informativa sobre a Redución de cotizacións por diminución da sinistralidade laboral - Bonus Campaña 2010 e sobre os Servizos electrónicos para colaboradores e empresas.

Foron invitados graduados sociais (algúns que están exercendo e outros que non), asesores laborais e empresas asociadas.

A xornada foi presentada e moderada polo Ilmo. Sr. José Luis Benito Bermejo, presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Segovia.

O presidente do Colexio de Graduados Sociais abriu o acto presentando os compoñentes da mesa e agradecendo a Fraternidad Muprespa a colaboración na organización desta xornada.

D. Miguel Ángel de la Torre Santos, director provincial de Fraternidad Muprespa en Segovia, agradeceu aos asistentes a súa presenza na xornada e ao Colexio de Graduados Sociais a súa inestimable colaboración na organización do evento.

O moderador presentou a D.ª M.ª Mar Morales González, directora do Departamento de Prevención AT e EP, relatora do tema Bonus Campaña 2010.

Unha vez rematada a exposición do Bonus, o moderador presentou a D. Pedro Serrera Cobos, subdirector xeral de Sistemas de Información, relator do tema Servizos electrónicos para colaboradores e empresas.

Os colaboradores e empresas asistentes participaron activamente durante toda a sesión. Entregóuselles a documentación relativa ao Bonus e a nosa extranet.

XORNADA DE DIVULGACIÓN CAMPAÑA BONUS 2010 EN SEGOVIA


"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"
Portal clásico
MCSS nº 275 - © Fraternidad-Muprespa 2016